Activar e desactivar as suxestións adicionais
As suxestións adicionais ofrecen unha breve descrición da función dunha icona, unha caixa de texto ou unha orde de menú ao colocar o cursor sobre eses elementos.
Para activar e desactivar as suxestións adicionais:
-
Choose LibreOffice - PreferencesTools - Options - LibreOffice - General, and check Extended tips.
Unha marca de selección indica que as suxestións adicionais están activadas.
Para activar temporalmente as suxestións adicionais:
-
Prema Maiús+F1 para activar as suxestións adicionais unha vez.
Aparece un signo de interrogación ao lado do apuntador do rato. Pode mover ese Apuntador da Axuda sobre os controis, iconas e ordes de menú para obter unha descrición da orde. O Apuntador da Axuda desactívase a seguinte vez que prema co rato.