Asistente de táboas - Definir chave primaria
Especifica un campo da táboa para usalo como chave primaria.
Crear chave primaria
Seleccione esta opción para crear unha chave primaria. Engada unha chave primaria a cada táboa da base de datos para identificar de forma exclusiva cada rexistro. Nalgúns sistemas de base de datos de LibreOffice o uso de chaves primarias é obrigatorio para editar as táboas.
Engadir chave primaria automaticamente
Seleccione esta opción para engadir automaticamente unha chave primaria como campo adicional.
Utilizar un campo xa en uso como chave primaria
Seleccione esta opción para usar como chave primaria un campo existente con valores exclusivos.
Nome de campo
Seleccione o nome de campo.
Valor automático
Seleccione esta opción para introducir automaticamente un valor e incrementar o valor dos campos en cada novo rexistro. A base de datos debe soportar o incremento automático para poder usar a función Valor automático.
Definir chave primaria como combinación de varios campos
Seleccione esta opción para crear chaves primarias mediante a combinación de varios campos.
Campos dispoñíbeis
Seleccione un campo ou prema en > para engadilo á lista de campos de chave primaria.
Campos de chave primaria
Seleccione un campo e prema en < para eliminalo da lista de campos de clave primaria. A clave primaria créase como concatenación dos campos desta lista, de arriba a abaixo.