Asistente de táboas - Definir tipos e formatos

Especifica a información de campo dos campos seleccionados.

Campos seleccionados

Seleccione un campo para editar a información.

^

Prema para mover unha entrada cara a arriba o campo seleccionado na lista.

v

Prema para mover unha entrada cara a abaixo o campo seleccionado na lista.

-

Eliminar o campo seleccionado da caixa de lista.

+

Engadir un novo campo de datos á caixa de lista.

Información de campo

Nome de campo

Mostra o nome do campo de datos seleccionado. Se o desexa, pode introducir un novo nome.

Tipo de campo

Seleccione un tipo de campo.

Valor Automático

Se a opción é Si, o mecanismo da base de datos xera o valor para o campo.

Entrada necesaria

Se está definido como Si, este campo non pode estar baleiro.

Lonxitude

Especifica o número de caracteres do campo de datos.

Número de decimais

Especifica o número de decimais do campo de datos. Esta opción só está dispoñíbel para campos de datos decimais ou numéricos.

Valor predefinido

Especifica o valor predefinido dun campo Si/Non.

Instrución de incremento automático

Introduza a orde SQL que indica á fonte de datos o incremento automático do campo de datos INTEGER especificado. Por exemplo, a seguinte instrución MySQL usa a instrución AUTO_INCREMENT para aumentar o campo "id" cada vez que a instrución crea un campo de datos:

CREATE TABLE "táboa1" ("id" INTEGER AUTO_INCREMENT)

Para este exemplo, introduza AUTO_INCREMENT na caixa Instrución de autoincremento.

Asistente de táboas - Definir chave primaria

Precisamos da súa axuda!