Conexión con ODBC
Especifica a configuración para bases de datos ODBC.
Para editar ou engadir rexistros en LibreOffice a táboa da base de datos debe ter un campo de índice único.
Nas plataformas Solaris e Linux tente utilizar controladores JDBC en vez de ODBC. Consulte http://www.unixodbc.org para obter información sobre o emprego de ODBC en Solaris ou Linux.
Para conectar con bases de datos de Microsoft Access, use as interfaces de bases de datos ADO ou Access en vez de ODBC.
O fabricante da base de datos fornece e mantén os controladores de ODBC. LibreOffice só soporta o estándar ODBC 3.
Nome da base de datos ODBC
Introduza o camiño do ficheiro da base de datos.
Explorar
Prema para abrir unha caixa de diálogo de selección de fonte de datos ODBC:
Selección de fonte de datos
Seleccione a fonte de datos con que desexa conectarse empregando ODBC e prema en Aceptar.