Xeral

Ao crear unha táboa de base de datos como administrador, utilice este separador para determinar o acceso do usuario, así como para editar os datos ou a estrutura da táboa.

Se non é o administrador, use o separador Xeral para ver os seus dereitos de acceso á táboa seleccionada.

Nome da táboa

Mostra o nome da táboa seleccionada.

Tipo

Mostra o tipo de base de datos.

Localización

Mostra o camiño completo á táboa de base de datos.

Ler datos

Permite ao usuario ler os datos.

Inserir datos

Permite ao usuario introducir novos datos.

Cambiar datos

Permite ao usuario cambiar os datos.

Eliminar datos

Permite ao usuario eliminar datos.

Cambiar estrutura de táboa

Permite ao usuario cambiar a estrutura da táboa.

Definición

Permite ao usuario eliminar a estrutura da táboa.

Modificar referencias

Permite ao usuario modificar as referencias definidas, por exemplo, para introducir novas relacións ou para eliminar relacións existentes.

Precisamos da súa axuda!