Atribuír columnas

No explorador da fonte de datos pode copiar unha táboa arrastrándoa ata o depósito. Se marca a caixa de verificación Anexar datos na primeira páxina da caixa de diálogo Copiar táboa, a caixa de diálogo Atribuír columnas ábrese como segunda xanela. Pode usala para asociar os contidos dun campo de datos da táboa fonte a un campo de datos da táboa de destino.

Táboa fonte

Lista os campos de datos da táboa fonte. Para incluír un deses campos na táboa de destino, marque a caixa de verificación situada diante do nome do campo de datos. Para atribuír o contido dun campo de datos da táboa fonte a un campo de datos da táboa de destino, prema no campo na lista da táboa fonte e, a seguir, nunha das frechas. Para incluír todos os campos de datos da fonte na táboa de destino, prema en Todos.

Táboa de destino

Lista os campos de datos posíbeis na táboa de destino. Na táboa de destino só se inclúen os campos de datos seleccionados na lista da táboa de orixe.

cara a arriba

Moves the selected entry up one position in the list.

cara a abaixo

Moves the selected entry down one position in the list.

todos

Selecciona todos os campos de datos da lista.

ningún

Limpa as caixas de verificación da lista.

Precisamos da súa axuda!