Relacións

Permite definir e editar unha relación entre dúas táboas.

Para acceder a esta orde...

In a database file window, choose Tools - Relationships.


Icona Nota

As opcións de actualización e eliminación só están dispoñíbeis se a base de datos empregada as soporta.


Táboas

Se crea unha nova relación, pode seleccionar unha táboa de cada unha das caixas de combinación da parte superior da caixa de diálogo.

Se preme dúas veces nunha liña de conexión da xanela Relación para abrir a caixa de diálogo Relacións, non pode modificar as táboas implicadas nesa relación.

Campos de chave

Define os campos de chave da relación.

Os nomes das táboas seleccionadas para a ligazón aparecen aquí como nomes de columna. Premendo nun campo, pode utilizar as frechas para seleccionar un campo da táboa. Cada relación grávase nunha fila.

Actualizar opcións

Aquí pode seleccionar as opcións que se activan ao realizar cambios nun campo de chave primario.

Sen acción

Especifica que calquera cambio realizado nunha chave primaria non ten ningún efecto noutros campos de chave externa.

Actualizar en cadoiro

Actualiza todos os campos de chave externa se se modificou o valor da chave primaria correspondente.

Configurar como nulo

Se modifica a chave primaria, use esta opción para definir o valor "É NULO" para todos os campos de chave externa. É NULO significa que o campo está baleiro.

Configurar como predefinido

Se modifica a chave primaria, use esta opción para predefinir un valor para todos os campos de chave externa. Durante a creación da táboa correspondente, o valor dos campos de chave externa predefínese ao atribuír as propiedades de campo.

Opcións de eliminación

Aquí pode seleccionar as opcións que se activan ao eliminar un campo de chave primaria.

Sen acción

Especifica que a eliminación dunha chave primaria non ten ningún efecto noutros campos de chave externa.

Eliminar en cadoiro

Determina que ao eliminar o campo de chave primaria tamén elimina os campos de chave externa.

Icona Aviso

Cando elimina un campo de chave primaria coa opción Eliminar en cadoiro, tamén elimina os rexistros das táboas que teñen esa chave como chave externa. Use esta opción con moito coidado, pois pode eliminar grande parte da base de datos.


Configurar como nulo

Se elimina a chave primaria, atribúese o valor "É NULO" a todos os campos de chave externa.

Configurar como predefinido

Se elimina a chave primaria, aplícase un valor predefinido a todos os campos de chave externa.

Precisamos da súa axuda!