Exportar HTML - Páxina 2

Determina o tipo de publicación.

Pode especificar se desexa incluír marcos, crear un título ou mostrar notas de presentación.

Para acceder a esta orde...

LibreOffice Draw or LibreOffice Impress menu File - Export, select HTML file type, page 2 of the wizard.


Tipo de publicación

Define a configuración básica para a exportación pretendida.

Formato HTML estándar

Crea páxinas HTML estándar a partir de páxinas de exportación.

HTML estándar con marcos

Crea páxinas HTML estándar con marcos. A páxina exportada sitúase no marco principal e o marco da esquerda mostra un índice en forma de hiperligazóns.

Crear portada

Crea unha portada para o documento.

Especifica que se mostren tamén as súas notas.

Automático

Crea unha presentación HTML predefinida como unha exportación de quiosco, en que as diapositivas avanzan automaticamente despois dun tempo determinado.

Como indicado no documento

A transición da diapositiva depende do intervalo que defina na presentación para cada diapositiva. Se define unha transición manual de páxina, a presentación HTML introduce unha nova páxina ao premer calquera tecla.

Automático

A transición de páxinas faise automaticamente tras o tempo especificado e non depende do contido da presentación.

Duración

Define o tempo de exhibición de cada diapositiva.

Continuo

Reinicia automaticamente a presentación HTML despois da exhibición da última diapositiva.

WebCast

In a WebCast export, automatic scripts will be generated with Perl or ASP support. This enables the speaker (for example, a speaker in a telephone conference using a slide show on the Internet) to change the slides in the audience's web browsers. You will find more information on WebCast later in this section.

ASP (Active Server Pages)

Se selecciona a opción ASP , a exportación WebCast crea páxinas ASP. Teña en conta que as presentacións HTML só as ofrecen servidores web con soporte para ASP.

Perl

Utilizado pola exportación WebCast para crear páxinas HTML e scripts Perl.

URL para ouvintes

Especifica o URL (absoluto ou relativo) que debe introducir o usuario para ver a presentación.

URL para presentación

Especifica o URL (absoluto ou relativo) onde se gardou a presentación HTML creada no servidor web.

URL para scripts Perl

Especifica o URL (absoluto ou relativo) para as scripts Perl xeradas.

Máis información sobre a exportación WebCast

Existen dúas opcións para a exportación de presentacións LibreOffice Impress mediante a tecnoloxía WebCast: ASP (Active Server Pages) e Perl.

Icona Aviso

En ambos os casos, a tecnoloxía WebCast necesita un servidor HTTP con soporte para scripts Perl ou ASP. Por tanto, a opción de exportación depende de que servidor HTTP se utilice.


WebCast en ASP

Exportación

Non utilice o mesmo cartafol para dúas exportacións HTML diferentes.

Uso de WebCast ASP

Pode usar WebCast cando sexa posíbel acceder aos ficheiros de exportación desde un servidor HTTP.

Exemplo:

Supoñamos que instalou Microsoft Internet Information Serverno no seu computador. Introduciu o cartafol "c:\Inet\wwwroot\presentacion" como cartafol de saída HTML durante a instalación de IIS. O URL do seu computador é: "http://omeuservidor.com".

O público pode ver a diapositiva seleccionada polo presentador a través do URL http://omeuservidor.com/presentacion/webcast.asp. Non é posíbel ir a outras diapositivas localizadas neste URL, a non ser que se coñezan os nomes dos ficheiros. Asegúrese de que o servidor HTTP non mostra a lista de cartafoles.

WebCast a través de Perl

Exportación

Uso de WebCast Perl

Os ficheiros creados durante a exportación teñen que configurarse no servidor HTTP compatíbel con Perl. Isto non pode facerse automaticamente debido á variedade de servidores HTTP con soporte Perl. Os pasos que debe seguir descríbense a continuación. Consulte o manual do servidor ou pregunte ao administrador de rede como aplicar eses pasos no servidor.

Agora debería poder utilizar WebCast.

Exemplo:

Neste exemplo, vostede dispón dun computador Linux cun servidor HTTP. O URL do seu servidor HTTP é http://omeuservidor.com e o cartafol de saída dos seus documentos HTML é //user/local/http/. As súas scripts Perl localízanse no cartafol //user/local/http/cgi-bin/. Introduza segredo.htm como nome do ficheiro de exportación e presentacion.htm como o URL para ouvintes. Na caixa de texto URL para presentación, teclee http://omeuservidor.com/presentacion/; na caixa de texto URL para scripts Perl, introduza http://omeuservidor.com/cgi-bin/.

O presentador pode realizar a presentación cando conclúa a instalación dos ficheiros Perl. Os ouvintes poden ver esa presentación no URL http://omeuservidor.com/presentacion/presentacion.htm.

Precisamos da súa axuda!