Asistente de informes- Escoller deseño
Escolla o deseño de entre os diferentes modelos e estilos, así como a orientación vertical ou horizontal da páxina.
Deseño dos datos
Define un conxunto de estilos para o informe. Os estilos atribúen tipos de letra, sangrías, fondos de táboa, etc.
Deseño das cabeceiras e pés de páxina
Define un deseño de páxina para o informe. Os deseños de páxina cárganse a partir de ficheiros modelo, que atribúen unha cabeceira, un pé de páxina e o fondo da páxina.
Orientación
Escolla a orientación da páxina para o informe.
Horizontal
Selecciona unha páxina de orientación horizontal para o informe.
Vertical
Selecciona unha páxina de orientación vertical para o informe.
Máis información sobre o Asistente de informes - Crear informe