The LibreOffice Help

As páxinas de axuda do LibreOffice móstranse no navegador web predeterminado do seu sistema.

As referencias da Axuda sobre a configuración predeterminada do programa nun sistema que está configurado de modo predeterminado. As descricións de cores, accións do rato ou outros elementos poden ser diferentes entre o programa e o sistema.

Icona Aviso

O sistema de axuda de todas as versións do software está baseado nos mesmos ficheiros. Algunhas das funcións descritas na axuda poden non estar incluídas nesta distribución en particular. Algunhas funcionalidades específicas dunha distribución poden non ser mencionadas nesta axuda.


Icona Nota

As páxinas de axuda das extensións do LibreOffice aínda empregan o sistema de axuda antigo. As páxinas de axuda do sistema de axuda antigo están dispoñíbeis aquí.


Funcionalidades das páxinas de axuda do LibreOffice

A lista de módulos

Situado na parte superior da páxina, prema para abrir a lista despregábel e seleccione o módulo do LibreOffice que desexe para mostrar a páxina principal de entrada da axuda dese módulo.

A lista de idiomas (só na axuda na rede).

Só dispoñíbel na versión na rede, seleccione o idioma no que desexe mostrar a páxina de axuda actual.

O índice da axuda

O índice da axuda mostra unha lista de palabras clave para todos os módulos do LibreOffice. Prema en calquera palabra clave para abrir a páxina de axuda asociada.

Buscar no índice da axuda

Escriba a palabra clave na caixa de texto Buscar. A busca realízase inmediatamente, segundo se vai escribindo a palabra.

Os resultados da busca móstranse como lista filtrada de correspondencias. O nome do módulo aparece como cabeceira da lista. A cabeceira GLOBAL indica unha correspondencia para palabras claves relevantes para máis de un módulo do LibreOffice. Por exemplo, os bordos de cela aplícanse ás celas das follas de cálculo, así como ás celas das táboas ou os marcos dos textos e das presentacións.

Empregue as iconas de frecha do fondo do índice analítico para examinar as entradas do índice analítico ou a lista de resultados filtrados.

Contido - Temas da axuda principal

Mostra un índice analítico dos tópicos principais de todos os módulos.

Uso do navegador para a axuda do LibreOffice

Navegar polas páxinas de axuda

Empregue os botóns Atrás e Adiante do navegador para se mover entre as páxinas. Na maioría dos navegadores un clic longo no botón Atrás mostra unha lista despregábel de páxinas visitadas anteriormente e un clic longo no botón Adiante mostra unha lista de páxinas visitadas despois da actual.

Marcar as páxinas de axuda

Empregue a funcionalidade de marcadores no navegador para acceder rapidamente ás páxinas de axuda relevantes. Para engadir un marcador a unha páxina na maioría dos navegadores:

  1. Abra o menú Marcador do navegador,

  2. seleccione Engadir marcador ou

    Prema +D na maioría dos navegadores.

  3. Introduza o nome, cartafol e etiquetas significativas para o marcador.

  4. Peche a caixa de diálogo dos marcadores do navegador web.

Historial de navegación das páxinas de axuda

Cada páxina de axuda visitada fica rexistrada no historial do navegador. Para abrir o historial de navegación:

  1. Escolla o menú Historial do navegador web,

  2. Seleccione Mostrar historial.

  3. Prema en calquera entrada da xanela principal do historial parar abrir a páxina de axuda correspondente.

Copiar o contido da axuda no portapapeis.

Pode copiar contido da páxina de axuda no portapapeis do seu sistema operativo coas ordes normais de copia. Por exemplo:

  1. Nunha páxina de axuda, seleccione o texto que desexe copiar.

  2. Prema en +C.

Algún contido das páxinas de axuda pode ser copiado ao portapapeis do sistema cun só clic do rato. Nestes casos aparece unha axudiña ao pasar o rato sobre o contido activado para copia. Por exemplo, a liña seguinte está activada para copia:

=SUMA(A1:A10)

Buscar na páxina actual

Para buscar na páxina de axuda actual:

  1. Abra o menú Ver do seu navegador web e escolla a entrada Atopar nesta páxina.

    Tamén pode premer en +F.

  2. Na caixa Buscar introduza o texto que desexe atopar.

  3. Seleccione as opcións de busca que desexe empregar.

  4. Prema Intro.

Para atopar a aparición seguinte do termo de busca na páxina, prema en Frecha para arriba ou Frecha para abaixo para atopar as aparicións anterior ou seguinte.

Información xeral sobre o contido

Iconas usadas na documentación

Hai tres iconas destinadas a chamar a súa atención sobre a utilidade da información adicional.

Icona Aviso

A icona Importante! realza información importante relacionada coa seguranza dos datos e do sistema.


Icona Nota

A icona Nota realza información adicional: por exemplo, maneiras alternativas de atinxir un obxectivo determinado.


Icona Suxestión

A icona Suxestión realza suxestións para traballar co programa dunha maneira máis eficaz.


Precisamos da súa axuda!