Como obter soporte

No sitio web do LibreOffice.

Para un resumo dos servizos de soporte actuais, consulte o ficheiro Readme que hai no cartafol do LibreOffice.

Páxinas de axuda no idioma local

Os proxectos de localización do LibreOffice oferecen páxinas de soporte en moitos idiomas. Atope un resumo dos proxectos en idiomas nativos no sitio web do LibreOffice. Tamén pode atopar axuda e soporte en inglés no sitio web do LibreOffice.

Listas de correo

Pregunte sobre o LibreOffice, atope axuda de voluntarios e discuta temos nas listas de correo públicas. Pode atopar moitas listas de correo xerais e especializadas no sitio web do LibreOffice en www.libreoffice.org.

Foro

Pode acceder aos foros na web para preguntar e responder preguntas sobre o LibreOffice. Escolla Axuda - Obter axuda na rede para acceder ao foro no seu idioma.

Seguranza

No caso de que lle preocupen asuntos de seguranza ao empregar este software, pode contactar cos programadores na lista de correo pública. Se desexar discutir calquera asunto con outros usuarios, envíe un correo á lista de correo pública users@libreoffice.org.

Descargas

Pode descargar a versión máis recente do LibreOffice en www.libreoffice.org/download/.

Documentación

Pode descargar a documentación como ficheiros en PDF, guías de usuario e guías do sitio web de documentación do LibreOffice e documentation.libreoffice.org. Tamén pode acceder ao sitio web de documentación escollendo o menú Axuda - Guías de usuario.

Participe e contribúa

Se quere ter un rol efectivo na comunidade global de LibreOffice, será moi benvido tanto para comentar, discutir as características, propoñer melloras, escribir un artigo de FAQ, un manual how-to, crear un videotutorial, etc.

Visite a páxina Participe do sitio web e siga as ligazóns aos colaboradores.

Precisamos da súa axuda!