Táboa

Seleccione a opción Táboa na caixa de diálogo Inserir columnas da base de datos para inserir no documento os datos seleccionados en forma de táboa. Indique na caixa de diálogo os campos ou columnas da base de datos que se transfiren e como formatar a táboa de texto.

Táboa

Utilice as frechas da área Táboa para seleccionar as columnas da táboa de base de datos que desexa aplicar á táboa de texto.

Columnas da base de datos

Especifica as columnas da base de datos que se deben inserir na táboa de texto. Lístanse aquí as columnas da táboa de base de datos non aceptadas na caixa de lista Columna(s) da táboa. As entradas ordénanse alfabeticamente.

Columna(s) da táboa

Lista as columnas da base de datos que deben inserirse no documento. Atribúese unha columna a cada entrada da táboa. A orde das entradas na caixa de lista Columna(s) da táboa determina a orde dos datos na táboa de texto.

>>

Move os campos listados da base de datos á caixa de lista Columna(s) da táboa. Os campos listados na caixa de lista Columna(s) da táboa insírense no documento.

>

Move o campo seleccionado ata a caixa de lista Columna(s) da táboa. Para mover unha entrada prema dúas veces sobre ela. Os campos listados na caixa de lista Columna(s) da táboa insírense no documento.

<

Elimina o campo seleccionado da caixa de lista Columna(s) da táboa. O campo eliminado non se insire no documento.

<<

Elimina todos os campos de base de datos da caixa de lista Columna(s) da táboa.

Formato

Especifica o formato para inserir os campos de base de datos no documento.

A partir da base de datos

Acepta os formatos da base de datos.

Seleccionar

Especifica un formato da lista se non se acepta a información de formato de determinados campos de datos. Os formatos aquí fornecidos están dispoñíbeis só para determinados campos de bases de datos, como os numéricos ou booleanos. Se selecciona un campo de base de datos en formato de texto, non pode seleccionar ningún formato na lista de selección, pois o formato de texto mantense automaticamente.

Se o formato que quere non está listado, seleccione "Outros formatos..." e defina o formato na caixa de diálogo Formato numérico.

O formato numérico atribuído mediante a lista de selección, refírese ao campo de base de datos seleccionado na caixa de lista Columnas da base de datos.

Icona Nota

Para inserir os datos no documento en forma de táboa, debe estar activa a opción Táboa. Seleccione un campo de base de datos na caixa de lista Columna(s) da táboa para definir o seu formato. Os cambios realizados nos formatos numéricos aplícanse á última selección. Non importa se selecciona o campo en Columnas da base de datos ou en Columna(s) da táboa.


Inserir título de táboa

Especifica se debe inserirse unha liña de título nas columnas da táboa de texto.

Aplicar nome de columna

Utiliza os nomes de campo da táboa de base de datos como títulos das columnas da táboa de texto.

Crear só fila

Inserts an empty heading line into the text table. Using the Create row only option, you can define headings in the document, which do not correspond to the database field names.

Propiedades

Abre a caixa de diálogo , que permite a definición das propiedades da táboa, isto é, bordos, fondo e largura das columnas.

Formato automático

Abre a caixa de diálogo , que permite seleccionar estilos de formato que se aplican inmediatamente despois de inserir a táboa.

Precisamos da súa axuda!