Glosario xeral

Este glosario inclúe explicacións sobre os termos máis importantes que encontrará en LibreOffice.

Use o glosario para procurar os termos descoñecidos que encontre nos aplicativos de LibreOffice.

ASCII

ASCII son as siglas de American Standard Code for Information Interchange. ASCII é un conxunto de caracteres para exhibición de tipos de letra en computadores persoais. Consiste en 128 caracteres, incluíndo letras, números, puntuación e símbolos. O conxunto de caracteres ASCII estendido contén 256 caracteres. A cada un deles atribuíuselle un número único, tamén chamado código ASCII.

En páxinas HTML, só aparecen caracteres do conxunto de caracteres ASCII de 7 bits. Outros, como a diérese, diferencianse por medio dun código independente. Pode intoducir caracteres de código ASCII estendidos: o filtro de exportación de LibreOffice executa automaticamente a conversión necesaria.

Ancoraxe

Some windows in LibreOffice, for example the Styles window and the Navigator, are "dockable" windows. You can move these windows, re-size them or dock them to an edge. On each edge you can dock several windows on top of, or alongside each other; then, by moving the border lines, you can change the relative proportions of the windows.

To undock and re-dock, holding down the key, double-click a vacant area in the window. In the Styles window, you can also double-click a gray part of the window next to the icons, while you hold down the key.

Ancoraxe (Ocultar automaticamente)

No bordo de todas as xanelas que teñen outras ancoradas hai un botón que permite mostrar ou ocultar esa xanela.

Base de datos SQL / Servidor SQL

As bases de datos SQL son sistemas de base de datos que ofrecen unha interface SQL. A miúdo son usadas en redes cliente/servidor en que varios clientes acceden a un servidor central (por exemplo, un servidor SQL). Por ese motivo, tamén son chamadas bases de datos de servidor SQL ou, simplemente, servidores SQL.

En LibreOffice pode integrar bases de datos SQL. Poden estar localizadas tanto no disco ríxido local como na rede. O acceso realíase a través de ODBC, de JDBC ou dun controlador nativo driver integrado en LibreOffice.

Base de datos relacional

Unha base de datos relacional é unha colección de datos organizados a modo de conxunto de táboas descritas formalmente desde as cales se pode acceder aos datos ou reunilos de varias maneiras sen ter que reorganizalas.

Un sistema de xestión de bases de datos relacionais (RDBMS) é un programa que permite a creación, actualización e administración dunha base de datos relacional. Os RDBMS utilizan as instrucións SQL (Structured Query Language) introducidas polo usuario ou contidas nun aplicativo e crean, actualizan, ou fornecen acceso á base de datos.

Un bo exemplo de base de datos relacional pode ser unha base de datos con táboas de clientes, compras e facturas. Na táboa das facturas, non hai datos reais de clientes e de compras; no entanto, a táboa contén referencias por medio dunha ligazón relacional, ou unha relación, aos respectivos campos das táboas de clientes e de compras (por exemplo, o campo de ID do cliente da táboa de clientes).

Botón xiratorio

  1. Nos controles de formulario, un botón xiratorio é unha propiedade dun campo numérico, monetario, de data ou de hora. Se a propiedade «Botón xiratorio» estiver activada, o campo mostra un par de símbolos con frechas a apuntaren en direccións opostas, sexa verticalmente, sexa horizontalmente

  2. In the Basic IDE, a spin button is the name used for the numerical field together with the two arrow symbols.

You can type a numerical value into the field next to the spin button, or select the value with the Up Arrow or Down Arrow symbols on the spin button. On the keyboard you can press the Up Arrow and Down Arrow keys to increase or reduce the value. You can press the Page Up and Page Down keys to set the maximum and minimum value.

If the field next to the spin button defines numerical values, you can also define a measurement unit, for example, 1 cm or 5 mm, 12 pt or 2".

Chave primaria

As chaves primarias serven como identificadores únicos dos campos das bases de datos. A identificación única dos campos das bases de datos úsase nas bases de datos relacionais para acceder a datos doutras táboas. Cando se fai referencia a unha chave primaria doutra táboa, fálase de chave externa.

En LibreOffice a chave primaria defínese na visualización do deseño dunha táboa escollendo a orde correspondente ao campo seleccionado no menú de contexto da cabeceira dunha liña.

Conformidade de rexistro

Conformidade de rexistro é un termo tipográfico usado en impresión. Fai referencia á impresión congruente das liñas dunha área a ambos os lados das páxinas de libros, xornais e revistas. O recurso Conformidade de rexistro facilita a lectura desas páxinas, evitando que haxa sombras grises que brillen a través das liñas do texto. Tamén se emprega o mesmo termo para se referir ás liñas da mesma altura de columnas de texto adxacentes.

Cando se define un parágrafo, un estilo de parágrafo ou un estilo de páxina con conformidade de rexistro, as liñas de base dos caracteres afectados son aliñadas a unha grade de páxina vertical, independentemente do tamaño do tipo de letra ou da presenza de imaxes. En caso de que o desexe, pode especificar a configuración para esa grade como propiedade Estilo de páxina.

DDE

DDE significa "Dynamic Data Exchange", e é un antecesor da OLE, "Object Linking and Embedding". Co DDE, a referencia de ficheiro liga os obxectos mais non os incorpora.

Pódese crear unha ligazón DDE usando o seguinte procedemento: Seleccione as celas dunha folla de cálculo de Calc, cópieas no portapapeis, vaia a outra folla e seleccione a caixa de diálogo Editar - Pegado especial. Para inserir o contido como ligazón DDE, seleccione a opción Ligazón. Ao activar unha ligazón, a área da cela inserida lese desde o ficheiro orixinal.

Deseño de texto complexo (CTL - Complex Text Layout)

Os idiomas con deseño de texto complexo poden ter algúns ou todos os recursos seguintes:

Actualmente, LibreOffice ofrece soporte a hindi, tailandés e árabe como idiomas CTL.

Enable CTL support using - Language Settings - Languages.

Espazo entre caracteres

O termo entreletrado fai referencia ao aumento ou diminución da cantidade de espazo existente entre pares de letras para a mellora da aparencia xeral do texto.

As táboas de entreletrado conteñen información relativa a cales son os pares de letras que requiren máis espazamento. Normalmente, as táboas forman parte do tipo de letra.

Formatado

O termo formatado utilízase para facer referencia ao deseño visual do texto cando se usa un programa de procesamento de texto ou un programa DTP. Abrangue a definición do formato do papel, dos bordos das páxinas, dos tipos de letra e efectos destes últimos, así como as sangrías e o espazamento. Pode formatar o texto directamente ou cos estilos fornecidos por LibreOffice.

Formatado directo e de estilos

If you format a document without Styles, it is referred to as "direct" formatting. This means modifying text or other objects, such as frames or tables, by applying various attributes directly. The format applies only to the selected area and all changes must be made separately. Styles, on the other hand, are not applied to the text directly, but rather are defined in the Styles window and then applied. One advantage is that when you change a Style, all parts of the document to which that Style is assigned are modified at the same time.

Pode editar os obxectos individuais dun grupo seleccionando o grupo e logo premendo F3. Prema +A e escolla Formato - Limpar o formato directopara saír do modo de edición do grupo.

Gardar de forma relativa e absoluta

En varias caixas de diálogo (por exemplo, Editar - Texto automático), é posíbel escoller entre gardar os ficheiros de forma relativa ou absoluta.

Se escolle gardar de forma relativa, as referencias a imaxes incorporadas ou a outros obxectos do documento gardaranse de acordo coa súa localización no sistema de ficheiros. Nese caso, non importa onde está rexistrada a estrutura de cartafoles mencionada. Os ficheiros encóntranse con independencia de cal sexa a súa localización, sempre que a referencia permaneza na mesma unidade ou volume. Isto é importante se quere que o documento estea dispoñíbel para outros computadores que poidan ter unha estrutura de cartafol e nome de volume e unidade completamente diferentes. Tamén se recomenda gardar de forma relativa cando se desexa crear unha estrutura de cartafoles nun servidor da internet.

Se prefere gardar de forma absoluta, todas as referencias a outros ficheiros serán tamén definidas como absolutas, con base nas respectivas unidade, volume ou cartafol raíz. A vantaxe é que cando o documento que contén as referencias é movido a outros cartafoles ou cartafoles, as referencias continúan a ser válidas.

IME

IME son as siglas de Input Method Editor. Trátase dun programa que permite ao usuario introducir caracteres complexos de conxuntos de caracteres non-occidentais usando un teclado estándar.

JDBC

Pódese usar a API JDBC (Java Database Connectivity) para conectar cunha base de datos de LibreOffice. Os controladores JDBC escríbense na linguaxe de programación Java e son independentes da plataforma.

Ligazón

A orde Ligazóns encóntrase no menú Editar. Só se pode activar cando hai polo menos unha ligazón no documento actual. Ao inserir un obxecto (unha imaxe, por exemplo), pode copialo directamente no documento ou inserilo como ligazón.

Cando se copia un obxecto directamente no documento, este aumenta polo menos de forma proporcional ao tamaño en bytes do obxecto. Pode gardar o documento e abrilo noutro computador e, o obxecto inserido, continuará a ter a mesma posición dentro do documento.

Ao inserir o obxecto como ligazón, unicamente se insire unha referencia ao nome do ficheiro. O tamaño do ficheiro do documento só aumenta de forma proporcional á referencia do camiño e do ficheiro. Porén, se abre o documento noutro computador, o ficheiro ligado terá que estar exactamente na posición fornecida pola referencia para que o obxecto poida verse no documento.

Utilice Editar - Ligazóns para ver que ficheiros se inseriron como ligazóns. As ligazóns poden eliminarse se fose necesario. Isto quebrará a ligazón e inserirá o obxecto directamente.

Menú de contexto

To activate the context menu of an object, first click the object with the mouse button to select it, and then, . Some context menus can be called even if the object has not been selected. Context menus are found just about everywhere in LibreOffice.

ODBC

ODBC (Open Database Connectivity) é unha norma de protocolo que lles permite aos aplicativos acceder a sistemas de bases de datos. A linguaxe de consulta utilizada é SQL (Structured Query Language). En LibreOffice, pódese determinar para cada base de datos se usar as ordes SQL para executar consultas. Tamén pode utilizar a axuda interactiva para definir a súa consulta (premendo o rato) e para que LibreOffice a traduza automaticamente a SQL.

OLE

Os obxectos OLE (Object Linking and Embedding) poden estar ligados a un documento de destino ou tamén poden estar incorporados. A incorporación insire unha copia do obxecto e detalles do programa de orixe no documento de destino. Se desexa editar o obxecto, basta activar o programa de orixe premendo dúas veces no obxecto.

Obxecto

Un obxecto é un elemento de pantalla que contén datos. Pode referirse a datos do aplicativo, como texto ou imaxes.

Os obxectos son independentes e non se inflúen uns aos outros. Calquera obxecto que conteña datos pode ter atribuídos determinadas ordes. Por exemplo, un obxecto gráfico posúe ordes para edición de imaxe e unha folla con ordes de cálculo.

Obxecto Bézier

Desenvolvida polo matemático francés Pierre Bézier, a curva de Bézier é unha curva definida matematicamente, usada en aplicativos gráficos bidimensionais. A curva ven definida por catro puntos: a posición inicial, a posición final, e dous puntos medios separados. Os obxectos de Bézier pódense modificar movendo eses puntos co rato.

OpenGL

OpenGL é unha linguaxe gráfica 3D desenvolvida inicialmente por SGI (Silicon Graphics Inc). Dous dialectos desta linguaxe son comunmente usados, a saber, Microsoft OpenGL, desenvolvido para o seu uso en Windows NT, e Cosmo OpenGL, creado por SGI. Este último é unha linguaxe gráfica independente para todas as plataformas e todos os tipos de computadores, utilizábel inclusive en máquinas sen hardware gráfico 3D especial.

PNG

PNG (Portable Network Graphic) é un formato de ficheiro gráfico. Os ficheiros están comprimidos cun factor de compresión seleccionábel e, ao contrario do que ocorre cos ficheiros en formato JPG, os ficheiros PNG comprímense sempre sen perder información.

RTF

RTF (Rich Text Format) é un formato de ficheiro desenvolvido para a transferencia de ficheiros de texto. Unha característica especial de RTF é que o formatado se converte directamente en información de texto lexíbel. Desgrazadamente, en comparación con outros formatos de ficheiro, este crea ficheiros relativamente grandes.

SQL

SQL (Structured Query Language) é unha linguaxe usada en consultas de bases de datos. En LibreOffice, pode formular consultas en SQL ou interactivamente co rato.

Sistema numérico

Un sistema numérico está determinado polo número de caracteres dispoñíbeis para representar números. O sistema decimal, por exemplo, está baseado en dez números (0..9), o sistema binario en dous, 0 e 1, e o sistema hexadecimal en 16 caracteres (0...9 e A...F).

Viúvas e illadas

Viúvas e illadas son termos empregados en tipografía. Viúva é unha liña curta no final dun parágrafo que, cando está impresa, aparece soa na parte superior da páxina seguinte. Illada é a primeira liña dun parágrafo impresa soa na parte inferior da páxina anterior. Nos documentos de texto de LibreOffice, pódense impedir automaticamente esas ocorrencias configurando o estilo de parágrafo desexado. Ao facer iso, pódese determinar a cantidade mínima de liñas que se manterán xuntas nunha páxina.

Precisamos da súa axuda!