Transición gradual de dous obxectos

A transición gradual crea formas e distribúeas en incrementos uniformes entre dous obxectos de debuxo.

Icona Nota

A orde de transición gradual só está dispoñíbel en LibreOfficeDraw. No entanto, pode copiar e pegar obxectos disoltos en LibreOffice Impress.


Para facer a transición de dous obxectos:

  1. Manteña premida a tecla Maiús e prema en cada obxecto.

  2. Escolla Editar - Transición gradual.

  3. Para especificar o número de obxectos entre o inicio e a fin da transición introduza un valor na caixa Incrementos.

  4. Prema en Aceptar.

Móstrase un grupo que contén os dous obxectos orixinais e o número especificado (incrementos) de obxectos disoltos.

Ilustración de transición gradual

Pode editar os obxectos individuais dun grupo, seleccionando o grupo e logo premendo F3. Prema +F3 para saír do modo de edición do grupo.

Precisamos da súa axuda!