Modificar capa

Cambia as propiedades da capa seleccionada.

Para acceder a esta orde...

Nun documento de Draw, prema co botón dereito do rato na área do separador de capa e escollaModificar capa

Escolla Formato - Capa (só en LibreOffice Draw)


Nome

Introduza un nome para a capa seleccionada.

Icona Nota

Só pode cambiar o nome dunha capa creada por vostede.


Propiedades

Indica as propiedades da capa seleccionada.

Visíbel

Mostra ou agocha o contido da capa seleccionada.

Imprimíbel

Imprime o contido da capa seleccionada.

Protexida

Bloquea o contido da capa seleccionada de maneira que non sexa posíbel editala.

Renomar capa

Renomea a capa activa. Só pode cambiar o nome dunha capa creada por vostede.

Precisamos da súa axuda!