Utilización de gráficas en LibreOffice

O LibreOffice permite presentar datos en forma de gráfica para poder comparar visualmente series de datos e ver tendencias nos datos. Pódense inserir gráficas en follas de cálculo, documentos de texto, debuxos e presentacións.

Datos da gráfica

As gráficas pódense basear nos seguintes datos:

  1. Valores de folla de cálculo dos intervalos das celas de Calc

  2. Valores de cela dunha táboa de Writer

  3. Valores introducidos na caixa de diálogo Táboa de datos da gráfica (pode crear estas gráficas en Writer, Draw ou Impress e tamén copialas e pegalas en Calc)

Inserir unha gráfica

Inserir gráficas

Escoller un tipo de gráfica

Editar unha gráfica

  1. Prema sobre unha gráfica para editar as propiedades do obxecto:

    Tamaño e posición na páxina actual.

    Aliñamento, axuste de texto, bordos exteriores e outros.

  2. Prema dúas veces nunha gráfica para entrar en modo edición:

    Valores de datos da gráfica (para gráficas cos seus propios datos).

    Tipo de gráfica, eixes, títulos, paredes, grade e outros.

  3. Clic duplo nun elemento de gráfica no modo edición:

    Clic duplo nun eixe para editar a escala, tipo, cor e outros.

    Clic duplo nun punto de datos para seleccionar e editar a serie de datos á que pertence o punto de datos.

    Cunha serie de datos seleccionada, clic duplo sobre un só punto de datos para editar as propiedades deste punto de datos (por exemplo, unha soa barra nunha gráfica de barras).

    Clic duplo na lenda para selecionar e editar a lenda. Prema, e faga un clic duplo nun símbolo na lenda seleccionada para editar a serie de dados asociada.

    Clic duplo en calquera outro elemento da gráfica ou prema sobre o elemento e abra o menú Formato, para editar as propiedades.

  4. Prema fóra da gráfica para saír do modo edición.

Icona Suxestión

Para imprimir unha gráfica en alta calidade, expórtea a PDF e imprima ese ficheiro.


No modo de edición da gráfica, verá a Barra de formatado de gráficos preto do bordo superior do documento. A barra de Debuxo para gráficos aparecerá preto do bordo inferior do documento. A barra de debuxo mostrará un subconxunto das iconas da barra de Debuxo do Draw e do Impress.

Pode premer o botón dereito sobre un elemento dunha carta para abrir o menú contextual. O menú contextual ofrece varias ordes para formatar o elemento seleccionado.

Editar títulos de gráficas

Editar eixes de gráfica

Editar lendas de gráficas

Adding Texture to Chart Bars

Visualización 3D

Axuda sobre a Axuda

As referencias da Axuda sobre a configuración predeterminada do programa nun sistema que está configurado de modo predeterminado. As descricións de cores, accións do rato ou outros elementos poden ser diferentes entre o programa e o sistema.

Precisamos da súa axuda!