Cálculos nas follas de cálculo

O seguinte é un exemplo dun cálculo no Calc de LibreOffice.

  1. Prema nunha cela e escriba un número

  2. Prema Intro.

    O cursor baixa á cela seguinte.

  3. Introduza outro número.

  4. Prema a tecla Tabulador.

    O cursor móvese para a cela seguinte á dereita.

  5. Escriba unha fórmula, por exemplo, =A3 * A4 / 100.

  6. Prema Intro.

    O resultado da fórmula aparece na cela. Se quere, pode editar a fórmula na liña de entrada na barra de fórmulas.

    Cando se edita unha fórmula, o novo resultado calcúlase automaticamente.

Precisamos da súa axuda!