Aplicar formato automático a un intervalo de celas seleccionado

Pódese empregar a funcionalidade de formato automático para aplicar un formato rapidamente a unha folla ou a un intervalo de celas seleccionado.

Para aplicar un formato automático a unha folla ou a un intervalo de celas seleccionado.

  1. Escolla as celas, incluídos os títulos de columnas e de filas, ás que desexa dar formato.

  2. Escolla Formato - Estilos de formato automático.

  3. Seleccione as propiedades que incluír no formato automático.

  4. Prema en Aceptar.

    O formato aplícase ao intervalo de celas seleccionado.

Icona Nota

Se non aprecia ningún cambio na cor dos contidos das celas, escolla Ver - Realce de valor.


Para definir un formato automático para follas de cálculo ou intervalos

Pode definir un formato automático novo que fique dispoñíbel para todas as follas de cálculo e intervalos.

  1. Formatar unha folla ou intervalo.

  2. Escolla Editar - Seleccionar todo ou seleccione o intervalo formatado.

  3. Escolla Formato - Estilos de formato automático.

  4. Prema en Engadir.

  5. Na caixa Nome da caixa de diálogo Engadir formato automático, introduza un nome para o formato.

  6. Prema en Aceptar.

Precisamos da súa axuda!