Aplicar Filtro automático

A función Filtro automático insire unha caixa de combinación nunha ou varias columnas de datos, e permite seleccionar os rexistros (filas) que se mostrarán.

  1. Seleccione as columnas nas cales quere usar o Filtro automático.

  2. Escolla Datos - Filtro - Filtro automático. As frechas da caixa de combinación veranse na primeira fila do intervalo seleccionado.

  3. Para executar o filtro, prema na frecha despregábel que aparece no título da columna e escolla un dos elementos.

    Só se mostran as filas cuxo contido cumpra os criterios de filtrado. As demais exclúense. Observe os números de fila discontinuos para saber se as filas se filtraron. A columna que se usou no filtro é a que ten o botón de frecha dunha cor diferente.

Ao aplicar un filtro automático adicional noutra columna dun intervalo de datos filtrado, as restantes caixas de combinación só listan os datos filtrados.

Para mostrar novamente os rexistros, seleccione a entrada Todo na caixa de combinación Filtro automático. Se escolle estándar aparece a caixa de diálogo Filtro estándar, que permite configurar un filtro estándar. Escolla «10 primeiros» para mostrar só os dez valores máis elevados.

Para deixar de utilizar o filtro automático, seleccione novamente todas as celas seleccionadas no paso 1 e escolla de novo Datos - Filtro - Filtro automático.

Icona Suxestión

Para asignar filtros automáticos diferentes a follas diferentes hai que definir primeiro un intervalo de base de datos en cada folla.


Icona Aviso

As función aritméticas tamén teñen en conta as celas que non son visíbeis por causa da aplicación dalgún filtro. Por exemplo, na suma dunha columna enteira totalízanse tamén os valores das celas filtradas. Aplique a función SUBTOTAL para ter en conta soamente aquelas celas que continúen sendo visíbeis despois da aplicación do filtro.


Precisamos da súa axuda!