Recoñecer nomes como referencia

Pódense empregar celas con texto para se referir ás filas ou columnas que conteñen as celas.

Folla de cálculo de exemplo

Na folla de cálculo de exemplo pódese empregar a cadea «Columna Un» nunha fórmula para se referir ao intervalo de celas B3 a B5 ou «Columna dous» para o intervalo de celas C2 a C5. Tamén se pode empregar «Fila Un» para o intervalo de celas B3 a D3 ou «Fila dous» para o intervalo de celas B4 a D4. O resultado dunha fórmula que empregue un nome de cela, por exemplo SUMA('Columna un'), é 600.

Esta función está activada por omisión. Para desactivala, escolla - LibreOffice - Calc - Calcular e desmarque a opción Atopar automaticamente as etiquetas das columnas e das filas.

Icona Suxestión

Se quere que Calc recoñeza un nome automaticamente, ese nome debe comezar cunha letra e estar composto por caracteres alfanuméricos. Se introduce o nome na fórmula vostede, colóqueo entre aspas simples ('). Se nun nome aparece un apóstrofe hai que introducir antes unha barra invertida, por exemplo, «Bar O\'Carro».


Precisamos da súa axuda!