Códigos de erro en LibreOffice Calc

A táboa seguinte é un resumo das mensaxes de erro do Calc do LibreOffice. Se o erro se produce na cela que contén o cursor, a mensaxe de erro móstrase na Barra de estado.

Código de erro

Mensaxe

Explicación

###

ningún

A cela non é suficientemente larga para mostrar o contido.

501

Carácter non válido

O carácter nunha fórmula non é válido.

502

Argumento non válido

O argumento da función non é válido. Por exemplo, un número negativo para a función RAÍZC(). Pra a raíz cadrada de valores negativos empregue IMRAÍZ().

503
#NUM!

Operación non válida en punto flotante

Un cálculo provoca un erro de capacidade excedida no intervalo de valores definido.

504

Erro na lista de parámetros

O parámetro de función non é válido, por exemplo: un texto en vez dun número ou unha referencia de dominio en vez dunha referencia de cela.

507, 508

Erro: falta un par

Falta unha paréntese. Por exemplo, hai paréntese de pechamento, mais non paréntese de abertura.

509

Falta un operador

Falta o operador, por exemplo, "=2(3+4) * ", onde falta o operador entre "2" e "(".

510

Falta unha variábel

Falta unha variábel, por exemplo, cando dous operadores están xuntos "=1+*2".

511

Falta unha variábel

A función require máis variábeis das fornecidas, por exemplo E() e OU().

512

Fórmula excedente

Compilador: o número total de tokens internos (isto é , operadores, variábeis, parénteses) da fórmula excede os 8192.

513

Cadea de caracteres excedente

Compilador: un identificador na fórmula excede 64 KB de tamaño. Intérprete: o resultado dunha operación de cadea de caracteres excede 64 KB de tamaño.

514

Fluxo excedente interno.

Tentativa de operación de clasificación con demasiados datos numéricos (máx. 100.000) ou un excedente de cálculo acumulado.

515

Erro de sintaxe interno

Erro descoñecido.

516

Erro interno de sintaxe

Esperábase unha matriz na serie de cálculos, mais non se pode acceder a ela.

517

Erro interno de sintaxe

Código descoñecido, por exemplo, un documento cunha función máis actual cargalo cunha versión anterior que non contén a función.

518

Erro interno de sintaxe

Non é posíbel acceder á variábel

519
#VALOR

Non hai resultado (na cela aparece #VALOR en vez de Err:519!)

A fórmula resulta nun valor que non corresponde á definición; ou a cela referida na fórmula contén texto no canto dun número.

520

Erro interno de sintaxe

O compilador crea un código de compilación descoñecido.

521

Erro interno de sintaxe

Sen resultado.

522

Referencia circular

A fórmula refírese directa ou indirectamente a si mesma e a opción Iteracións non está configurada en - Calc do LibreOffice - Calcular.

523

O procedemento de cálculo non converxe

Falta un valor de destino da función, ou as referencias iterativas non atinxen o cambio mínimo dentro dos pasos máximos estabelecidos.

524
#REF

Referencias non válidas (en vez de Err:524 a cela contén #REF)

Compilador: non pode determinarse o nome dunha descrición de fila ou columna. Intérprete: nunha fórmula, falta a columna, a fila ou a folla que contén unha cela á que se fai referencia.

525
#NOME?

nomes non válidos (en vez de Err:525, a cela contén #NAME?)

Non foi posíbel avaliar un identificador. Por exemplo, non hai ningunha referencia válida, ningún nome de dominio válido, ningunha etiqueta de columna/fila, ningunha macro, divisor decimal incorreto, suplemento non encontrado.

526

Erro interno de sintaxe

Obsoleto, xa non se usa, mais podería proceder de documentos antigos, se o resultado é unha fórmula dun dominio.

527

Fluxo excedente interno.

Intérprete: as referencias están demasiado encapsuladas. Por exemplo, cando unha cela fai referencia a outra.

530

No AddIn

Interpreter: AddIn not found.

531

Ningunha macro

Intérprete: Macro non atopada.

532
#DIV/0!

División por cero

Division operator / if the denominator is 0
Some more functions return this error, for example:
VARP with less than 1 argument
STDEVP with less than 1 argument
VAR with less than 2 arguments
STDEV with less than 2 arguments
STANDARDIZE with stdev=0
NORMDIST with stdev=0

533

Nested arrays are not supported

For example, ={1;{2}}

538

Error: Array or matrix size

-

539

Unsupported inline array content

For example, ={1+2}

540

External content disabled

Happens if a function that requires (re)loading of external sources is encountered and the user hasn't confirmed reloading of external sources yet


Precisamos da súa axuda!