Suma

Insire a suma dun intervalo na cela actual ou suma os valores nas celas seleccionadas. Prema nunha cela, prema nesta icona e, opcionalmente, axuste o intervalo de cela ou seleccione algunhas celas en que desexe inserir a suma dos valores e, a seguir, prema na icona.

Icona

Suma

LibreOffice suxire automaticamente un intervalo de celas, sempre que a folla conteña datos. Se o intervalo de celas xa contén unha función de suma, pode combinala coa nova para obter a suma total do intervalo. Se o intervalo contén filtros, a función Subtotal substituirá á función suma.

Prema na icona Aceptar (marca de verificación verde) para utilizar a fórmula mostrada na liña de entrada.

Precisamos da súa axuda!