Bibliotecas, módulos e caixas de diálogo

A continuación descríbese o uso básico de bibliotecas, módulos e caixas de diálogo en LibreOffice Basic.

LibreOffice Basic proporciona ferramentas para axudalo a estruturar os seus proxectos. Admite diversas «unidades» que permiten agrupar SUBS e FUNCTIONS individuais nun proxecto de Basic.

Bibliotecas

As bibliotecas serven como ferramenta para organizar módulos e poden anexarse a un documento ou modelo. Cando gardamos o documento ou modelo, tamén se gardan os módulos contidos na biblioteca.

As bibliotecas conteñen ata 16.000 módulos.

Módulos

Un módulo contén SUBS ou FUNCTIONS xunto con declaracións de variábeis. O tamaño do programa que se pode gardar nun módulo está limitado a 64 KB. Se fose necesario máis espazo, divida o proxecto de LibreOffice Basic en varios módulos e, despois, gárdeos nunha única biblioteca.

Módulos de caixas de diálogo

Os módulos de caixas de diálogo conteñen as definicións de diálogo e, inclusive, as propiedades de caixa de diálogo, as propiedades de cada elemento e os eventos atribuídos. Como os módulos de caixas de diálogo só conteñen unha caixa, normalmente chámanse «diálogos».

Precisamos da súa axuda!