Barras de ferramentas

Esta sección fornece unha visión xeral das barras de ferramentas dispoñíbeis no Writer do LibreOffice.Esta vista xeral describe a configuración predefinida para as barras de ferramentas de LibreOffice.

Barra estándar

A barra estándar está dispoñíbel en todos os aplicativos LibreOffice.

Barra Formatado

A barra Formatado contén varias funcións de formatado de texto.

Barra Debuxo

A barra Debuxo contén ferramentas de edición usadas con frecuencia. Prema na frecha colocada xunto a unha icona para abrir unha barra de ferramentas con ordes adicionais.

Barra de imaxes

A barra Imaxe contén funcións de formatado e posicionamento de imaxes de mapa de bits.

Barra Marco

Cando un marco está seleccionado, a barra Marco fornece as funcións máis importantes para formatalo e situalo.

Barra Obxecto OLE

A barra Obxecto OLE aparece cando os obxectos están seleccionados. Contén as funcións máis importantes para o formatado e posicionamento dos obxectos.

Barra de táboa

A barra Táboa contén as funcións necesarias para traballar con táboas. Aparece se sitúa o cursor dentro dunha táboa.

Barra Propiedades de obxecto de debuxo

Pódese ver a barra Propiedades do obxecto de debuxo no Writer e no Calc. Seleccione o menu Ver - Barras de ferramentas - Propiedades do obxecto de debuxo. Os controis activaranse cando seleccione un obxecto de debuxo. Veranse algunhas iconas diferentes predeterminadas, cando o documento sexa de texto ou unha folla de cálculo.

Barra Viñetas e numeración

A barra Viñetas e numeración contén funcións para modificar a estrutura dos parágrafos numerados, incluído o cambio de orde dos parágrafos ou a definición de diferentes niveis.

Barra Obxecto de texto

Contén ordes de formatado para textos contidos en obxectos de debuxo. A barra Obxecto de texto aparece se preme dúas veces nun obxecto de debuxo.

Barra Estado

A barra Estado contén información sobre o documento así como varios botóns con funcións especiais.

Visualizar impresión

A barra Visualización de páxina amósase ao ver o documento no modo de visualización de páxina.

Barra Datos de táboa

Utilice a barra Datos de táboa para controlar a visualización dos datos.

Regras

As regras mostran as dimensións da páxina e a posición das tabulacións, sangrías, bordos e columnas. Pode usar o rato para modificar estas opcións.

Barra de fórmulas

A barra de fórmulas permite crear e inserir cálculos en documentos de texto. Para activar a barra de fórmulas, prema en F2.

Inserir

A barra de ferramentas contén funcións para a inserción de marcos, imaxes, táboas e outros obxectos.

Barra de clasificación

A barra Clasificación contén ferramentas que axudan a xestionar documentos de maneira segura.

A barra de ferramentas Clasificación contén caixas de opcións que axudan a seleccionar a seguranza do documento segundo as políticas de categorías BAF e os niveis BAILS. O LibreOffice engade campos personalizados ás propiedades do documento (Ficheiro - Propiedades, lapela Propiedades personalizadas) para almacenar a política de clasificación como metadatos do documento.

Vaia ao menú Ver - Barras de ferramentas e seleccione Clasificación

Barra de ferramentas de combinación de correspondencia

A barra de ferramentas da combinación de correspondencia contén as ordes para os últimos pasos do proceso de combinación de correspondencia.

Precisamos da súa axuda!