Menús
A seguinte sección lista os temas de axuda dipoñíbeis en menús e caixas de diálogo.
A xanela do documento en que desexa traballar debe estar seleccionada para poder usar as ordes de menú. Da mesma forma, é necesario seleccionar un obxecto do documento para poder usar as ordes de menú asociados a ese obxecto.
Os menús son sensíbeis ao contexto, o que significa que é posíbel acceder aos elementos de ditos menús que teñen relevancia para a tarefa desenvolvida. Se o cursor está situado nun texto, estarán dispoñíbeis todos os elementos necesarios para a edición do texto. Se se seleccionan imaxes, veranse todos os elementos do menú que poden ser usados para a edición de imaxes.
Inserir
O menú Inserir contén ordes para inserir elementos novos no documento. Isto inclúe imaxes, multimedia, gráficas, obxectos doutros aplicativos, hiperligazóns, comentarios, símbolos, notas a rodapé eseccións.
Estilos
Contén ordes para aplicar, crear, editar, actualizar, cargar e xestionar estilos nun documento de texto.
Formulario
Contén ordes para activar o modo de deseño de formularios, abrir os asistentes dos controis e inserir controis de formularios no documento de texto.
Ferramentas
Contén ferramentas de corrección, unha galería de obxectos de arte que pode engadir ao seu documento, así como ferramentas para configuración de menús e configuración de preferencias do programa.