Engadir números de capítulos nas lendas

Pode incluír números de capítulos nas lendas.

Asegúrese de que o texto do documento estea organizado en capítulos e que os títulos destes, e opcionalmente os das seccións, usen un dos estilos predefinidos de parágrafo. Tamén debe atribuír unha opción de numeración aos estilos de parágrafo dos títulos.

  1. Seleccione o elemento ao cal desexa engadir unha lenda.

  2. Escolla Inserir - Lenda.

  3. Seleccione un título de lenda na opción Categoría e seleccione un estilo de numeración na opción Numeración.
    Tamén pode introducir un texto de lenda neste diálogo. Se o desexar, introduza texto na caixa ´Lenda.

  4. Prema en Opcións.

  5. Na caixa Nivel, seleccione o número de niveis de título que incluír no número de capítulo.

  6. Escriba o carácter que desexa para separar o(s) número(s) de capítulo do número de lenda na caixa Separador e a seguir prema en Aceptar.

  7. Na caixa de diálogo Lenda, prema en Aceptar.

Icona Suxestión

O LibreOffice pode engadir unha lenda automaticamente ao inserir un obxecto, unha gráfica ou unha táboa. escolla - Writer do LibreOffice - Lendas automáticas.


Precisamos da súa axuda!