Fórmula

Abre un submenú que permite inserir unha fórmula na cela dunha táboa. Coloque o cursor nunha cela da táboa ou na posición do documento na que desexe que apareza o resultado. Prema na icona Fórmulae escolla a fórmula desexada no submenú.

A fórmula aparece na liña de entrada. Para especificar un intervalo de celas, utilice o rato para seleccionar as celas desexadas. As referencias da cela correspondente tamén aparecen na liña de entrada. Introduza parámetros adicionais, cando sexa necesario, e prema en Aplicar para confirmar a súa entrada. Tamén pode introducir directamente a fórmula se coñece a sintaxe adecuada. Isto é necesario, por exemplo, nas caixas de diálogo Inserir campos e Editar campos.

Icona

Fórmula

Resumo das opcións de fórmulas

Funcións básicas de cálculo

Suma

+

Calcula o total.

Exemplo: <A1> + 8

Subtración

-

Calcula a diferenza

Exemplo: 10 - <B5>

Multiplicación

MUL ou *

Calcula o produto.

Exemplo: 7 MUL 9

División

DIV ou /

Calcula o cociente

Exemplo: 100 DIV 15


Funcións básicas do submenú

Suma

SUMA

Calcula a suma das celas seleccionadas.

Exemplo: SUM <A2:C2> mostra a suma dos valores nas celas A2 a C2

Arredondar

ARREDONDAR

Arredonda un número ao número de decimais indicado.

Exemplo: 15,678 ARREDONDAR 2 mostra 15,68

Porcentaxe

PHD

Calcula unha porcentaxe

Exemplo: 10 + 15 PHD mostra 10,15

Raíz cadrada

RAÍZC

Calcula a raíz cadrada.

Exemplo: RAÍZC 25 mostra 5

Potencia

POT

Calcula a potencia dun número.

Exemplo: 2 POT 8 mostra 256


Operadores

You can insert various operators in your formula. Choose from the following functions:

Separador de lista

|

Separa os elementos dunha lista.

Exemplo de uso dunha lista:

MÍN. 10|20|50|<C6>|<A2:B6>|20

Igual

EQ ou ==

Comproba se os valores seleccionados son iguais. Se son iguais, o resultado é cero; en caso contrario aparece 1 (verdadeiro).

Exemplo: <A1> EQ 2 mostra 1 se o contido de A1 é igual a 2.

Diferente de

NEQ ou !=

Proba a desigualdade entre os valores seleccionados.

Exemplo: <A1> NEQ 2 mostra 0 (erro) se o contido de A1 é igual a 2.

Menor que ou igual a

LEQ

Proba valores menores que ou iguais a un valor dado.

Exemplo: <A1> LEQ 2 mostra 1 (verdadeiro) se o contido de A1 é menor ou igual a 2.

Maior que ou igual a

GEQ

Proba valores maiores ou iguais a un valor dado

Exemplo: <A1> GEQ 2 mostra 1 (verdadeiro) se o contido de A1 é maior ou igual a 2.

Menos

L

Proba valores menores que un valor dado

Exemplo: <A1> L 2 mostra 1 (verdadeiro), se o contido de A1 é menor que 2.

Maior que

G

Proba valores maiores que un valor dado

Exemplo: <A1> G 2 mostra 1 (verdadeiro), se o contido de A1 é maior que 2.

Ou booleano

OU

Proba valores que coincidan co OU lóxico

Exemplo: 0 OU 0 mostra 0 (falso), todo o demais mostra 1 (verdadeiro)

XOu Booleano

XOU

Proba valores que coincidan co valor OU exclusivo lóxico

Exemplo: 1 XOU 0 mostra 1 (verdadeiro)

E booleano

E

Proba valores que coincidan co E lóxico

Exemplo: 1 E 2 mostra 1 (verdadeiro)

Non booleano

NON

Proba valores que coincidan co valor NON lóxico

Exemplo: NON 1 (verdadeiro) mostra 0 (falso)


Funcións estatísticas

You can choose from the following statistical functions:

Media

MEDIA

Calcula a media aritmética dos valores dunha área ou lista.

Exemplo: MEDIA 10|30|20 mostra 20

Valor mínimo

MÍNIMO

Calcula o valor mínimo dunha área ou lista.

Exemplo: MÍN. 10|30|20 mostra 10

Valor máximo

MÁXIMO

Calcula o valor máximo dunha área ou lista.

Exemplo: MÁX. 10|30|20 mostra 30.00


Funcións trigonométricas

You can choose from the following trigonometric functions:

Seno

SENO

Calcula o seno en radiáns

Exemplo: SEN (PI/2)

Coseno

COS

Calcula o coseno en radiáns.

Exemplo: COS 1

Tanxente

TAN

Calculates the tangent in radians.

Exemplo: TAN <A1>

Arco seno

ASENO

Calcula o arcoseno en radiáns.

Exemplo: ASEN 1

Arco coseno

ACOS

Calcula o arcocoseno en radiáns.

Exemplo: ACOS 1

Arco tanxente

ATAN

Calcula o arcotanxente en radiáns.

Exemplo: ATAN 1


Variábeis das propiedades do documento

As propiedades do seguinte documento tamén se poden encontrar en Ficheiros - Propiedades - Estatísticas.

CARACT

Número de caracteres do documento

PALABRA

Número de palabras do documento

PARA

Número de parágrafos do documento

IMAX

Número de imaxes do documento

TÁBOAS

Número de táboas do documento

OLE

Número de obxectos OLE do documento

PÁXINA

Número total de páxinas do documento


Outros valores definidos

PI

PI

3,1415...

Constante de Euler

E

2,7182...

Verdadeiro

VERDADEIRO

diferente de 0

Falso

FALSO

0


Precisamos da súa axuda!