Asistente de combinación de correspondencia - Enderezos

Indique os destinatarios do documento de combinación de correspondencia, así como a disposición do bloque de enderezos.

Icona Nota

O Asistente de combinación de correspondencia ábrese nesta páxina se o asistente se inicia nun documento de texto que xa conteña campos de base de datos de enderezos. Se o asistente se abre directamente nesta páxina, o botón Seleccionar lista de enderezos chámase Seleccionar lista de enderezos diferente.


Icona Nota

O título desta páxina é Inserir un bloque de enderezos para cartas e Seleccionar lista de enderezos para mensaxes de correo electrónico.


Seleccionar lista de enderezos

Abre o diálogo Seleccionar lista de enderezos, no cal pode escoller unha fonte de datos para os enderezos, engadir enderezos novos ou introducir unha lista de enderezos nova.

Icona Aviso

Ao editar algúns rexistros nunha fonte de datos de follas de cálculo Calc que se está usando para unha combinación de correspondencia ditos cambios non son visibles na combinación de correspondencia.


Este documento debe conter un bloque de enderezos

Engade un bloque de enderezos para o documento de combinación de correspondencia.

Seleccione o esquema do bloque de enderezos que desexa usar.

Icona Aviso

Se selecciona Este documento debe conter un bloque de enderezos, o terceiro e cuarto subpasos actívanse. Despois terá que facer corresponder os elementos do bloque de enderezos cos nomes de campo empregados na mensaxe.


Suprimir liñas con só campos baleiros

Active para omitir do enderezo as liñas en branco.

Máis

Abre a caixa de diálogo Seleccionar bloque de enderezos.

Coincidir campos

Abre a caixa de diálogo Coincidencia de campos.

Icona Aviso

A non ser que todos os elementos dos enderezos se correspondan cunha cabeceira de columna non será posíbel concluír o Asistente de combinación de correspondencia co botón Rematar ou continuar co cuarto paso do asistente.


(Consulte botóns)

Use os botóns de navegación para ver a información do rexistro de datos anterior ou seguinte.

Paso seguinte: Asistente de combinación de correspondencia - Crear un saúdo

Como alternativa, pode premer no botón Rematar e empregar a barra de ferramentas de combinación de correspondencia para rematar o proceso de combinación de correspondencia.

Precisamos da súa axuda!