Asistente de combinación de correspondencia

Inicia o Asistente de combinación de correspondencia para crear cartas de formulario ou enviar mensaxes de correspondencia electrónico a varios destinatarios.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ferramentas - Asistente de combinación de correspondencia

Prema na icona Combinación de correo da barra Combinación de correo:

Prema na icona Combinación de correo da barra Datos de táboa:

Icona

Combinación de correspondencia


Revise o proceso completo de creación dunha combinación de correspondencia antes de iniciar o Asistente de combinación de correspondencia:

Crear cartas modelo

Asistente de combinación de correspondencia - Seleccionar documento inicial

Indique o documento que desexe empregar como base para o documento de combinación de correspondencia.

Asistente de combinación de correspondencia - Seleccionar o tipo de documento

Indique o tipo de documento de combinación de correspondencia que desexe crear.

Asistente de combinación de correspondencia - Enderezos

Indique os destinatarios do documento de combinación de correspondencia, así como a disposición do bloque de enderezos.

Asistente de combinación de correspondencia - Crear saúdo

Indica as propiedades do saúdo.Se a base de datos de combinación de correspondencia contén información sobre o xénero, pódense indicar saúdas diferentes a partir do xénero do/a destinatario/a.

Asistente de combinación de correspondencia - Axustar o deseño

Define a posición dos bloques de enderezos e dos saúdos nos documentos.

Cancelar

Premendo en Cancelar péchase a caixa de diálogo sen gardar ningunha alteración.

Volver

Observe a selección realizada na caixa de diálogo anterior. Non se alterou a configuración. Este botón só se poderá activar a partir da páxina dúas.

Seguinte

Prema no botón Seguinte e o asistente usa a configuración do diálogo actual e continúa para o paso seguinte. Se estiver no derradeiro paso, este botón tórnase Crear.

Primeiro paso: Asistente de combinación de correspondencia - Seleccionar documento inicial.

Precisamos da súa axuda!