Axuste

Indica que macro executar ao premer nunha imaxe, marco ou obxecto OLE.

Para acceder a esta orde...

Escolla a lapela Inserir/Formato - Imaxe - Propiedades - Macro.

Escolla a lapela Formato - Marco e obxecto - Propiedades - Macro.

Escolla Editar - Texto automático - Texto automático (botón) - Macro.

Escolla Editar - Mapa de imaxe e abra o menú de contexto Macro.

Escolla a lapela Formato - Carácter - Hiperligazón - botón Eventos.


Evento

Enumera os eventos que poden activar unha macro.Só se enumeran os eventos relevantes para o obxecto seleccionado.

A seguinte táboa lista os tipos de obxectos e os eventos que poden activar unha macro:

Evento

Activador de eventos

Obxecto OLE

Imaxe

Marco

Texto automático

Área do mapa de imaxe

Hiperligazón

Prema no obxecto

selecciónase o obxecto

Rato sobre o obxecto

o apuntador do rato móvese sobre o obxecto

Activar hiperligazón

prémese na hiperligazón atribuída ao obxecto

Rato abandona o obxecto

o apuntador do rato sae do obxecto

A imaxe cargouse satisfactoriamente

a imaxe cargouse correctamente

A carga da imaxe foi cancelada

a carga da imaxe foi cancelada polo usuario (por exemplo, durante unha descarga)

Non foi posíbel cargar a imaxe

a imaxe non foi cargada correctamente

Entrada de caracteres alfanuméricos

introdúcese texto

Entrada de caracteres non-alfanuméricos

Introdúcense caracteres non imprimíbeis, como separadores e quebras de liña

Redimensionar marco

redimensiónase o marco

Mover marco

móvese o marco

Antes de inserir Texto automático

antes de que se introduza o texto automático

Tras inserir Texto automático

despois de introducirse o texto automático


Icona Nota

Para eventos que están ligados a controis en formularios, vexa Propiedades de control ou Propiedades do formulario .


Acción asignada

Indique que macro se executa ao ocorrer o evento seleccionado.

Os marcos permiten ligar determinados eventos a unha función que determina se o evento se manexa a través do Writer do LibreOffice ou da función. Consulte a Axuda do Basic do LibreOffice para obter máis información.

Macro de

Enumera o programa LibreOffice e calquera documento do LibreOffice aberto. Nesta lista, seleccione de que lugar desexa escoller a macro.

Macros existentes

Enumera as macros dispoñíbeis. Seleccione a macro que desexe asignar ao evento seleccionado e prema en Asignar.

Asignar

Asigna a macro seleccionada ao evento seleccionado.

Eliminar

Elimina a asignación de macro da entrada seleccionada.

Precisamos da súa axuda!