Axuste

Specify the way you want text to wrap around an object. You can also specify the spacing between the text and the object.

Para acceder a esta orde...

Escolla a lapela Formato - Imaxe - Propiedades - Axustar.

Escolla a lapela Formato - Marco e obxecto - Propiedades - Axustar.

Escolla a lapela Inserir - Marco - Marco - Axustar .

Escolla Formato - Axustar - Editar - Axustar.


Icona Suxestión

Para axustar un texto nunha táboa, colóquea nun marco e, a seguir, axuste o texto ao redor del.


Configuración

Ningún

Coloca o obxecto nunha liña separada do documento. O texto do documento aparece por enriba e por debaixo do obxecto, mais non aos lados do obxecto.

Icona

Ningún

Antes

Axusta o texto no lado esquerdo do obxecto de haber suficiente espazo.

Icona

Antes

Despois

Axusta o texto no lado dereito do obxecto de haber espazo abondo.

Icona

Despois

Paralelo

Axusta o texto nos catro lados do bordo do marco do obxecto.

Icona

Paralelo

A través

Coloca o obxecto diante do texto.

Icona

A través

Ideal

Axusta a o texto automaticamente á esquerda, á dereita ou nos catro lados do bordo do marco do obxecto. Se a distancia entre o obxecto e a marxe da páxina for menor de 2 cm, o texto non se axusta.

Icona

Ideal

Opcións

Especifique as opcións de axuste de texto.

Primeiro parágrafo

Inicia un parágrafo novo por debaixo do obxecto ao premer Intro. O espazo entre os parágrafos vén determinado polo tamaño do obxecto.

No fondo

Move o obxecto seleccionado ao fondo. Esta opción só está dispoñíbel se se seleccionou o tipo de axuste a través.

Contorno

Axusta o texto arredor da forma do obxecto. Esta opción non está dispoñíbel co tipo de axuste A través. Para cambiar o contorno dun obxecto, seleccione o obxecto e, a seguir, escolla Formato - Axustar - Editar contorno.

Só fóra

Axusta o texto só arredor do contorno do obxecto, mais non en áreas abertas dentro da forma do obxecto. Esta opción non está dispoñíbel para marcos.

Espazamento

Especifique o espazo que debe deixarse entre o obxecto seleccionado e o texto.

Esquerda

Insire acantidade de espazo que desexa entre o bordo esquerda do obxecto e do texto.

Dereita

Insire acantidade de espazo que desexa entre o bordo dereita do obxecto e do texto.

Superior

Insire acantidade de espazo que desexa entre o bordo superior do obxecto eo texto.

Inferior

Insire acantidade de espazo que desexa entre o bordo inferior do obxecto e do texto.

Precisamos da súa axuda!