Esquema e numeración

Engade ou retira do parágrafo o nivel de esquema, a numeración ou as viñetas. Tamén pode seleccionar o estilo de numeración que desexe empregar e restaurar a numeración nunha lista numerada.

Para acceder a esta orde...

Escolla a lapela Formato - Parágrafo - Esquema e numeración

Escolla Formato - Estilos e abra o menú de contexto Novo/Modificar - Esquema e numeración (para Estilos de parágrafo).


  1. Para cambiar as opcións de numeración dos parágrafos que empreguen o mesmo estilo de parágrafo, escolla Vista - Estilos e a seguir prema na icona Estilos de parágrafo. Prema co botón dereito no estilo da lista, escolla Modificar e a seguir prema na lapela Esquema e numeración.

  2. Para cambiar as opcións de numeración dos parágrafos seleccionados, escolla Formato- Parágrafo e a seguir prema na lapela Esquema e numeración.

Nivel de esquema

Asigna un nivel de esquema de 1 a 10 aos parágrafos seleccionados ou estilo de parágrafo. Seleccione Corpo do texto para restaurar o nivel de esquema.

Numeración

Estilo de numeración

Seleccione o estilo de numeración que desexe aplicar ao parágrafo. Estes estilos aparecen listados tamén na xanela Estilos se preme na icona Estilo de numeración.

Editar estilo

Edite as propiedades do estilo de numeración seleccionado.Estas propiedades aplícanselle a todos os parágrafos formatados co estilo de numeración dado.

Esta sección só aparece ao editar as propiedades do parágrafo actual escollendo Formato - Parágrafo.

Reiniciar neste parágrafo

Reinicia a numeración no parágrafo actual.

Comezar con

Seleccione esta opción e introduza o número que desexe asignarlle ao parágrafo.

Botón xiratorio «Comezar con»

Introduza o número que desexe asignarlle ao parágrafo. Os parágrafos seguintes numéranse consecutivamente a partir do número que introduza aquí.

Numeración de liñas

Indique as opcións de numeración de liñas. Para engadir números de liña ao documento, escolla Ferramentas - Numeración de liña.

Incluír este parágrafo na numeración de liñas

Inclúe o parágrafo actual na numeración de liñas.

Reiniciar neste parágrafo

Reinicia a numeración de liñas no parágrafo actual, ou no número que se indique.

Comezar desde

Introduza o número desde o que reiniciar a numeración de liñas

Precisamos da súa axuda!