Inserir sección

Insire unha sección de texto na posición do cursor no documento. Tamén se pode seleccionar un bloque de texto e escoller esta orde para crear unha sección. Pódense usar seccións para inserir bloques de texto doutros documentos, para aplicar deseños de columna personalizados ou para protexer ou agochar bloques de texto que cumpran unha condición.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Sección

Abra a barra de ferramentas Inserir e prema en

Icona

Sección


Pode introducir un documento completo nunha sección ou unha sección chamada doutro. Tamén pode inserir unha sección como un ligazón DDE.

Para editar unha sección, seleccione Formato - Seccións .

O cadro de diálogo Inserir Sección, as guías:

Outros

Define as propiedades da sección.

Columnas

Especifica o número de columnas e o esquema de columna dun estilo de páxina, marco ou sección.

Axuste

Sangra a sección con marxes á esquerda e á dereita.

Desagrupar

Permite definir a cor de fondo ou gráfico.

Outros

Indica onde se colocan as notas a rodapé e as notas finais, así como o seu formato de numeración.

Inserir

Insire a sección definida na posición do cursor.

Utilización das teclas de atallo (Accesibilidade de (LibreOffice Writer)

Precisamos da súa axuda!