Inserir quebra manual

Insire unha quebra manual de liña, un salto de columna ou unha quebra de páxina na posición actual do cursor.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Quebra manual


Tipo

Seleccione o tipo de quebra que desexa inserir.

Quebra de liña

Remata a liña actual e move o texto que se atope á dereita do cursor para a liña seguinte sen crear un parágrafo novo.

Icona Suxestión

Tamén se pode inserir unha quebra de liña premendo en Maiús+Intro.


Quebra de columna

Insire unha quebra manual de columna (en disposición a varias columnas) e move o texto que se atope á dereita do cursor para o inicio da columna seguinte. A quebra de columna manual indícanse cun bordo non imprimíbel na parte superior da nova columna.

Quebra de páxina

Insire unha quebra de páxina manual e move o texto que se atope á dereita do cursor para o inicio da páxina seguinte. A quebra de páxina inserida indícase cun bordo non imprimíbel na parte superior da nova páxina.

Icona Suxestión

Tamén pode inserir unha quebra de páxina premendo +Intro. Porén, se desexa asignarlle á páxina seguinte un estilo de páxina diferente, terá que utilizar a orde do menú para inserir a quebra de páxina manual.


Estilo

Seleccione o estilo da páxina que segue a quebra de páxina manual.

Modificar número de páxina

Asígnalle o número de páxina que se lle indique á páxina que segue a quebra de páxina manual. Esta opción só está dispoñíbel se se lle asigna un estilo de páxina diferente á páxina que segue a quebra de páxina manual.

Número de páxina

Introduza o número de páxina novo da páxina que segue a quebra de páxina manual.

Icona Nota

Para ver quebras manuais, escolla Ver - carácteres non imprimibles.


Inserir e eliminar quebras de páxina

Precisamos da súa axuda!