Navegador

Mostra ou oculta o navegador, onde pode ir rapidamente a diferentes partes do documento. Tamén pode usar o Navegador para inserir elementos do documento actual ou doutros documentos abertos e organizar documentos principais. Para editar un elemento no Navegador, prema co botón dereito no elemento e, a seguir, seleccione unha orde desde o menú de contexto. Se quere, pode ancorar o Navegador no bordo do espazo de traballo.

Para acceder a esta orde...

Choose View - Navigator.

On the Standard bar, click

Icona

Activar / Desactivar navegador


Para abrir o Navegador, seleccione Ver - Navigator. Para mover o Navegador, arrastre a barra de título. Para que o Navegador, arrastre a barra de título cara á esquerda ou á beira dereita do espazo de traballo. Para desencaixar o Navegador, manteña premida a tecla Ctrl e prema dúas veces nunha área gris da Explorador.

Para mostrar os elementos das categorías do navegador, prema no signo máis (+) situado ao lado das mesmas. Para ver simplemente o número de elementos existentes, coloque sobre elas o apuntador do rato. Para saltar a un elemento do documento, prema nel dúas veces.

Para ir para o elemento seguinte ou anterior nun documento, prema no Navegación icona para abrir a barra de ferramentas de navegación , prema na categoría do elemento e prema nas frechas cara a arriba ou abaixo.

Icona Nota

As seccións ocultas dos documentos aparecen en gris no navegador. O texto "oculto" móstrase cando se deixa sobre el o apuntador do rato. Isto tamén se aplica ao contido das cabeceiras e pés de páxina non utilizados e ao contido oculto de táboas, marcos de texto, imaxes, obxectos OLE e índices.


Alternar a vista principal

Alterna entre vista principal e vista normal se se abre un documento principal.

Icona

Alternar a vista principal

Navegación

Ábrese a barra de ferramentas Navegación, na que pode ir rapidamente ao elemento seguinte ou ao anterior na categoría que seleccionar. Seleccione a categoría e, a seguir, prema nas frechas «Anterior» e «Seguinte».

Para continuar a busca, prema na icona Repetir busca na barra de ferramentas Navegación.

Icona

Navegación

Anterior

Vai ao elemento anterior no documento. .Para especificar o tipo de elemento para ir a, faga clic no Navegación icona e prema en unha categoría de elemento - por exemplo,"Imaxes".

Icona

Obxecto anterior

Seguinte

Salta ao elemento seguinte do documento. Para especificar o tipo de elemento ao que ir, prema na icona Navegación e a seguir prema nunha categoría de elemento - por exemplo, «Imaxes».

Icona

Novo obxecto

Número de páxina

Escriba o número da páxina á que desexe ir e despois prema Intro.

Icona Suxestión

Para mover rapidamente o cursor a outra páxina mentres está nun documento, prema Maiús++F5, escriba o número da páxina á que quere ir e agarde un pouquiño.


Caixa de lista

Mostra ou agocha a lista do Navegador.

Icona

Activar/Desactivar caixa de lista

Visualización de contido

Alterna entre a presentación de todas as categorías no Navegador e a categoría seleccionada.

Icona

Alternar visualización de contido

Icona Suxestión

Para reorganizar rapidamente os títulos do documento e o seu texto asociado, seleccione a categoría «Títulos» na lista e prema na icona Visualización de contido. Entón poderá arrastrar e soltar para reorganizar o contido.


Definir aviso

Prema aquí para colocar un recordatorio na posición actual. Pode definir até cinco recordatorios. Para ir ao un recordatorio, prema en Navegación da xanela Navegación, prema a icona Aviso e a seguir prema os botóns Anterior ou Seguinte.

Icona

Definir aviso

Cabeceira

Move o cursor á cabeceira, ou desde a cabeceira á área de texto do documento.

Icona

Cabeceira

Pé de páxina

Move o cursor ao rodapé, ou desde o rodapé á área de texto do documento.

Icona

Pé de páxina

Áncora <-> Texto

Alterna entre o texto da nota a rodapé e sua áncora.

Icona

Áncora <-> Texto

Modo arrastrar

Define as opcións de arrastrar e soltar para inserir elementos do Navigator nun documento, por exemplo, como unha hiperligazón. Prema nesta icona e escolla a opción que desexe usar.

Icona

Modo arrastrar

Inserir como hiperligazón

Crea unha hiperligazón ao arrastrar e soltar un elemento no documento actual. Prema a hiperligazón no documento para ir ao elemento aque a hiperligazón.

Inserir como ligazón

Insire o elemento seleccionado comoligazón onde arrastrar e soltar no documento actual. O texto insírese comoseccións protexidas. O contido da ligazón actualízase automaticamente candoa fonte é alterada. Para actualizar manualmente as ligazóns nun documento,escolla Ferramentas - Actualizar - Ligazóns. Non pode crearligazóns para gráficos, obxectos OLE, referencias e índices.

Inserir como copia

Insire unha copia do elementoseleccionado onde arrastrar e soltar no documento actual. Non pode arrastrare soltar copias de gráficos, obxectos OLE, referencias e índices.

Nivel de esquema

Prema nesta icona e, a continuación, seleccione o número de niveis de cabeceira que queira mostrar na xanela Navegador. Tamén pode acceder a esta orde premendo co botón dereito nun título na xanela Navegador.

1-10

Click 1 to only view the top level headings (chapter heading) in the Navigator window, and 10 to view all of the headings.

Icona

Nivel do esquema

Subir un capítulo

Sube o título seleccionado, e o texto por baixo do título,unha posición no Navegador e no documento. Para subir só o título seleccionado e non o texto asociado co título, manteña a tecla Ctrl e prema nesta icona.

Icona

Subir un capítulo

Baixar un capítulo

Baixa o título seleccionado, e o texto por baixo do título, unha posición no Navegador e no documento. Para baixar só o título seleccionado e non o texto asociado co título, manteña a tecla Ctrl e prema nesta icona.

Icona

Baixar un capítulo

Subir un nivel

Aumenta o número de nivel do título seleccionado, e os títulos que se atopan por baixo do título, nun nivel. Para aumentar só o nivel de esquema do título seleccionado, manteña a tecla Ctrl e prema nesta icona.

Icona

Subir un nivel

Baixar un nivel

Baixa o número de nivel do título seleccionado, e os títulos que se atopan por baixo do título, nun nivel. Para baixar só o nivel de esquema do título seleccionado, manteña a tecla Ctrl e prema nesta icona.

Icona

Baixar un nivel

Abrir documentos

Lista os nomes de todos os documentos de texto abertos. Para ver o contido dun documento na xanela Navegador seleccione o nome do documento na lista. O documento actual exhibido no Explorador indícase coa palabra «activo» a seguir o seu nome na lista.

Tamén pode botón dereito do rato nun elemento no Navegador, seleccione Pantalla, e logo prema o documento que quere ver.

Precisamos da súa axuda!