Nome e ruta dos documentos en HTML
Garda o ficheiro como documento en HTML para que poida ser visto nun navegador web. Pódese escoller crear unha páxina separada cando se atope un estilo de título que vostede indique no documento. Se escolle esta opción, tamén se crea unha páxina separada con ligazóns a todas as páxinas que se xeren.
Cando se crea máis dun documento HTML numéranse consecutivamente os nomes dos ficheiros. Os títulos das páxinas HTML créanse a partir do título superior do capítulo.
Área de visualización
Nome de ficheiro
separado por
Seleccione o estilo de parágrafo de título que desexe utilizar para indicar unha nova páxina en HTML. Para usar esta opción, aplique un dos estilos de parágrafo de título aos parágrafos en que desexe iniciar unha páxina nova no documento.