Menús

A barra de menús contén as ordes para traballar co Math do LibreOffice. Contén unha lista dos operadores dispoñíbeis, así como das ordes para editar, ver, organizar, formatar e imprimir documentos de fórmula e os obxectos que conteñan. A maioría das ordes de menú só se encontran dispoñíbeis ao crear ou editar fórmulas.

Icona Nota

A xanela do documento en que desexa traballar debe estar seleccionada para poder usar as ordes de menú. Da mesma forma, é necesario seleccionar un obxecto do documento para poder usar as ordes de menú asociados a ese obxecto.


Icona Aviso

Os menús son sensíbeis ao contexto, o que significa que é posíbel acceder aos elementos de ditos menús que teñen relevancia para a tarefa desenvolvida. Se o cursor está situado nun texto, estarán dispoñíbeis todos os elementos necesarios para a edición do texto. Se se seleccionan imaxes, veranse todos os elementos do menú que poden ser usados para a edición de imaxes.


Ficheiro

Este menú contén as ordes xerais para o traballo con documentos de fórmulas, como abrir, gardar e imprimir.

Editar

As ordes deste menú úsanse para editar fórmulas. Alén das ordes básicos (por exemplo, para copiar contido), existen funcións específicas do Math do LibreOffice, como a busca de marcadores de posición ou de erros.

Ver

Configura a presentación da escala e define os elementos que queres que sexan visíbeis. A maioría das ordes que pode introducir na xanela Ordes tamén son accesíbeis mediante un clic de rato se xa ten aberta a xanela de Elementos de fórmula con Ver - Elementos da fórmula.

Formato

Este menú contén os ordes necesarias para formatar fórmulas.

Ferramentas

Use este menú para abrir e editar o catálogo de símbolos ou importar unha fórmula externa como ficheiro de datos mediante o mediante o portapapeis. Pode cambiar as opcións do programa. E tamén a súa interface para que se axusten aos seus requisitos.

Xanela

No menú Xanela, pode abrir unha xanela nova e ver a lista de documentos.

Axuda

O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de LibreOffice.

Precisamos da súa axuda!