Cursor de fórmulas

Use esta icona da barra de ferramentas para activar ou desactivar o cursor de fórmula. A parte da fórmula na que se coloca o cursor na xanela Ordes aparece marcada cun bordo fino cando o cursor de fórmula está activo.

Icona

Cursor de fórmulas

Tamén pode premer nun punto do documento para mover o cursor á súa posición correspondente na xanela Ordes.

Ao premer dúas veces nun carácter ou símbolo do documento, o foco do cursor móvese cara a xanela Ordes e realza a súa respectiva posición.

Precisamos da súa axuda!