Símbolos

Abre a caixa de diálogo Símbolos, onde pode seleccionar un símbolo para inserilo na fórmula.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ferramentas - Símbolos

Na barra de ferramentas, prema en

Icona

Símbolos


Conxunto de símbolos

Os símbolos organízanse en conxuntos. Seleccione un conxunto de símbolos na caixa de lista. O grupo correspondente de símbolos aparece no seguinte campo.

Cando se selecciona un símbolo, o seu nome de orde móstrase embaixo da lista de símbolos e unha versión ampliada aparece nunha caixa situada á dereita. Teña en conta que o nome ten que teclearse na xanela Ordes tal e como aquí se mostra (distingue entre maiúsculas e minúsculas).

Para inserir un símbolo, seleccióneo na lista e prema en Inserir. O nome da orde correspondente móstrase na xanela Ordes.

Editar

Prema aquí para abrir a caixa de diálogo Editar símbolos.

Aplicar

Aplica os valores modificados ou seleccionados sen pechar a caixa de diálogo.

Precisamos da súa axuda!