Converter caracteres de texto en obxectos de debuxo

Ten a opción de converter caracteres de texto en curvas que poderá editar e redimensionar como calquera obxecto de debuxo. O contido do texto convertido en obxecto de debuxo non pode volver editarse.

Para converter o texto en obxecto de debuxo:

  1. Seleccione o texto que quere converter e realice un dos seguintes procedementos:

    In LibreOffice Draw, choose Shape - Convert - To Curve.

    En LibreOffice Impress, prema co botón dereito do rato no bordo do obxecto de texto e escolla Converter - En curva.

  2. Se o texto contén máis dun carácter, o texto convertido será un obxecto agrupado. Prema dúas veces no grupo para editar obxectos individuais. Prema en Esc ao rematar.

  3. Prema na icona Puntos da barra de Debuxo. A seguir, prema no obxecto para ver todos os puntos de Bézier. Na barra Editar puntos, hai varias iconas para editar, inserir e eliminar puntos.

Axúdenos, por favor!