Crear fluxogramas

Para crear un fluxograma:

  1. Seleccione unha ferramenta da barra Fluxograma na barra Debuxo.

  2. Arrastre unha forma na diapositiva.

  3. Para engadir máis formas, repita estes pasos.

  4. Abra a barra de ferramentas Conectores na barra Debuxo e seleccione unha liña conectora.

  5. Mova o apuntador do rato sobre o bordo dunha forma para que aparezan os puntos de conexión.

  6. Prema nun punto de conexión, arrastre ata o punto de conexión doutra forma e solte o rato.

  7. Para engadir máis conectores, repita estes pasos.

O esquema básico do fluxograma xa está creado.

Para engadir texto ás formas do fluxograma:

Adopte un dos procedementos seguintes:

Para engadir unha enchedura de cor a unha forma:

  1. Seleccione a forma e escolla Formato - Área.

  2. Seleccione Cor e, a seguir, prema nunha cor da lista.

Para engadir zonas activas que chamen a outras diapositivas:

Atribúa interaccións a algúns obxectos da diapositiva.

  1. Seleccione o obxecto e escolla Presentación de diapositivas - Interacción.

  2. Seleccione unha interacción na caixa de dialogo. Por exemplo, seleccione a opción de pasar á seguinte diapositiva cando o usuario preme no obxecto.

Precisamos da súa axuda!