Debuxar curvas

A icona Curva Icona na barra de ferramentas Debuxo abre unha barra de ferramentas para debuxar curvas de Bézier. As curvas de Bézier defínense por un punto de partida e un punto final, chamados "áncoras". A curvatura da curva Bézier defínena os puntos de control ("agarradoiras"). Para modificar a súa forma mova eses puntos.

Icona Nota

Os puntos de control só son visibles no modo "Editar puntos" e se representan con círculos, os puntos de áncora móstranse como cadrados. O punto de partida é un pouco mais grande que o resto dos puntos de áncora.


Os segmentos de curvas de Bézier e de liñas rectas poden asociarse para formar curvas complexas de Bézier. Son aplicables tres transicións diferentes para asociar segmentos adxacentes:

Como utilizar a ferramenta Curva

  1. Na ferramenta Debuxo, abra a barra de ferramentas Curvas Icona e seleccione a ferramenta CurvaIcona tool.

  2. Prema onde desexa iniciar a curva e arrastre na dirección desexada. A liña de control indica a dirección.

    Manteña premida Maiús ao arrastrar para restrinxir a dirección en ángulos de 45º.

  3. Sitúe o rato onde desexe colocar o primeiro punto de control.

  4. Mova o apuntador ata o lugar onde desexa que finalice o segmento de curva. A curva segue o apuntador.

  5. Adopte un dos procedementos seguintes:

Como utilizar a ferramenta Liña de forma libre

  1. Na barra de ferramentas Debuxo, abra a barra de ferramentas Curvas Icona e seleccione a ferramenta Liña de forma libreIcona.

  2. Prema onde desexe comezar a curva e manteña premido o botón do rato.

  3. Arrastre para debuxar como se fose un lapis.

  4. Solte o botón para finalizar a liña.

Axúdenos, por favor!