Utilización de teclas de atallo en LibreOffice Impress
Pode utilizar o teclado para acceder a LibreOffice Impress, ou para navegar polo espazo de traballo. LibreOffice Impress utiliza as mesmas teclas de atallo que LibreOffice Draw para crear obxectos de debuxo.
Seleccionar marcadores de posición
Os Deseños automáticos de LibreOffice Impress utilizan marcadores de posición para títulos de diapositivas, texto, e obxectos. Para seleccionar un marcador de posición, prema en Ctrl+Intro. Para moverse seguinte marcador prema novamente en Ctrl+Intro.
Se preme en Ctrl+Intro despois de atinxir o último marcador de posición dunha diapositiva, insírese unha diapositiva nova despois da actual. A nova diapositiva utiliza o mesmo deseño que a activa.
Durante as presentacións de diapositivas
Para iniciar unha presentación prema Ctrl+F2 ou F5.
Avanzar á seguinte diapositiva ou efecto de animación
Barra de espazos
Avanzar á seguinte diapositiva sen reproducir efectos de animación do obxecto
OpciónAlt+AvPáx
Volver á diapositiva anterior
OpciónAlt+RePáx
Ir a unha diapositiva específica
Introduza o número de páxina da diapositiva, e prema despois en Intro.
Deter a presentación de diapositivas
Esc ou -.
Clasificador de diapositivas
Ao entrar por primeira vez no clasificador de diapositivas, prema en Intro para modificar o foco. Caso contrario, prema en F6 para navegar ata espazo de traballo e, a seguir, prema en Intro.
Seleccionar e cancelar a selección de diapositivas
Use as teclas de frecha para navegar ata a diapositiva que quere seleccionar e despois prema na Barra de espazos. Se quere engadir diapositiva(s) á selección, use as teclas de frecha para navegar ata a(s) diapositiva(s) que quere engadir e prema en Barra de espazos novamente. Para cancelar a selección dunha diapositiva, navegue ata a diapositiva e prema desois en Barra de espazos.
Copiar diapositivas:
-
Utilice as teclas de frecha para navegar ata diapositiva que quere copiar, e despois prema en Ctrl+C.
-
Vaia á diapositiva en que quere pegar a diapositiva copiada e prema despois en Ctrl+V.
Mover diapositivas:
-
Use as teclas de frecha para navegar ata a diapositiva que quere copiar e prema en Ctrl+X.
-
Navegue ata a diapositiva onde quere mover a diapositiva, e prema despois en Ctrl+V.
-
Seleccione Antes ou Despois da diapositiva activa, e prema despois en Aceptar.