Animar obxectos en diapositivas de presentación

Pódense aplicar efectos de animación predefinidos aos obxectos da diapositiva.

Para aplicar efectos de animación aos obxectos:

  1. Ao visualizar unha diapositiva en modo Normal, seleccione o obxecto ao que quere aplicar a animación.

  2. Escolla Formato - Animación para abrir o panel Animación personalizada da barra lateral. Prema no botón Engadir (+) e seleccione un efecto de animación.

  3. No diálogo Animación personalizada, prema nunha lapela para escoller unha categoría de efectos. Prema nun efecto e despois prema en Aceptar.

Para previsualizar a animación, prema no botón Reproducir.

Icona Nota

No panel de diapositivas aparece unha icona a carón da vista previa desas diapositivas, indicando que ten un ou máis obxectos con animación personalizada. Ao pasar a presentación coa consola de presentación, a icona indica que a diapositiva seguinte ten unha animación personalizada.


Para aplicar e editar un efecto de camiño de movemento:

Pódese animar un obxecto para que se mova por unha traxectoria. Pódense empregar traxectorias predefinidas ou propias.

Ao seleccionar «Curva», «Polígono» ou «Liña de forma libre», o diálogo péchase e xa se pode debuxar unha traxectoria. Se o debuxo se remata e non se cancela, traxectoria creada retírase do documento e insírese como efecto de traxectoria.

Edición de traxectorias

Se o panel de animación personalizada estiver visíbel, as traxectorias de todos os efectos da diapositiva actual móstranse como unha sobreposición transparente sobre a diapositiva. Todas as traxectorias son visíbeis ao mesmo tempo, co que é posíbel crear facilmente animacións con traxectorias consecutivas.

A motion path can be selected by clicking on the path. A selected path will support handles, it can be moved and resized like a shape. A double click on a path starts the point edit mode. The point edit mode can also be started by Edit - Points or by pressing F8.

Para eliminar efectos de animación dos obxectos:

  1. Nunha diapositiva en modo de visualización Normal, seleccione o obxecto do cal quere eliminar o efecto.

  2. Escolla Presentación de diapositivas - Animación personalizada.

  3. Prema en Eliminar.

Precisamos da súa axuda!