Converter obxectos 2D en curvas, polígonos e obxectos 3D

Pode converter obxectos bidimensionais (2D) para crear formas diferentes. LibreOffice permite converter obxectos 2D nos seguintes tipos de obxecto:

Dous tipos de obxectos 3D

Para converter obxectos a forma curva:

  1. Elixa un obxecto 2D da diapositiva ou páxina.

  2. Prema co botón dereito no obxecto e escolla Converter - En curva.

Para modificar a forma do obxecto, prema na icona Puntos Icona na barra de ferramentas Debuxo e arrastre as agarradoiras do obxecto. Tamén pode arrastrar os puntos de control dunha agarradoira para modificar a forma da curva.

Para converter obxectos 2D en polígonos:

  1. Elixa un obxecto 2D da diapositiva ou páxina.

  2. Prema co botón dereito no rato e escolla Converter - En polígono.

Para modificar a forma do obxecto, prema na icona Puntos Icona na barra de ferramentas Debuxo e arrastre as agarradoiras.

Para converter obxectos 2D en obxectos 3D:

  1. Elixa un obxecto 2D da diapositiva ou páxina.

  2. Prema na icona Activar/Desactivar extrusión Icona na barra Debuxo ou prema co botón dereito do rato no obxecto e escolla Converter - En 3D.

Para editar as propiedades do obxecto 3D, utilice as barras de ferramentas Liña e enchemento e Configuración 3D.

Icona Suxestión

Para converter obxectos de texto en obxectos 3D, use a icona de Fontwork Icona, que hai na barra de ferramentas Debuxo.


Para converter obxectos 2D en obxectos de rotación 3D:

Os obxectos de rotación 3D créanse rotando o obxecto seleccionado arredor do seu eixe vertical.

  1. Elixa un obxecto 2D da diapositiva ou páxina.

  2. Prema no obxecto co botón dereito do rato e escolla Converter - En obxecto de rotación 3D

Para editar as propiedades do obxecto 3D, use as barras de ferramentas Liña e enchemento e Configuración 3D.

Icona Suxestión

Pode rotar o obxecto 2D antes de convertelo, para crear unha forma máis complexa.


Axúdenos, por favor!