Frechas

Abra a barra de ferramentas Frechas, que permite engadir liñas rectas, liñas con frechas, e liñas de dimensión á diapositiva ou á páxina.

Icona Suxestión

Se o desexa, pode engadir unha frecha despois de debuxar unha liña. Para facelo, siga o camiño Formato - Liña e seleccione un estilo de frecha na caixa Estilos de frecha.


Liña

Debuxa unha liña recta ao arrastrar o rato no documento. Para restrinxir a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Liña

Liña con frecha no fin

Debuxa no documento unha liña recta, rematada en frecha, ao arrastrar co apuntador do rato. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Liña con frecha no fin

Liña con frecha/círculo

Ao arrastrar no documento debuxa unha liña recta cunha frecha no inicio e un círculo no fin. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastar.

Icona

Liña con frecha/círculo

Liña con frecha/cadrado

Debuxa unha liña recta que comeza por unha frecha e remata cun cadrado ao arrastrar o apuntador no documento. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Liña con frecha/cadrado

Liña (45°)

Debuxa unha liña recta limitada por ángulos de 45 graos.

Icona

Liña (45°)

Liña con frecha no inicio

Debuxa unha liña recta cunha frecha no inicio ao arrastrar co apuntador no documento. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Liña con frecha no inicio

Liña con círculo/frecha

Debuxa unha liña recta que comeza nun círculo e remata nunha frecha. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Liña con círculo/frecha

Liña con cadrado/frecha

Debuxa unha liña recta que comeza cun cadrado e remata cunha frecha ao arrastrar o apuntador no documento. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Liña con cadrado/frecha

Liña de dimensión

Debuxa unha liña que mostra a lonxitude existente entre as guías. As liñas de dimensión calculan automaticamente e mostran dimensións lineais. Para debuxar unha liña de dimensión, abra a barra de ferramentas Frechas e prema na iconaLiña de dimensión. Mova o apuntador ata o lugar en que quere que comece a liña e arrastre para debuxar a liña de dimensión. Solte ao rematar.

Icona Suxestión

Se quere que a liña de dimensión teña a mesma lonxitude que o lateral dun obxecto próximo, manteña premida a tecla ao arrastrar. Para limitar a liña de dimensión a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.


En LibreOffice Draw, sempre se insire unha liña de dimensión na capa Liñas de dimensión. Se a capa está definida como invisíbel, non se ven liñas de dimensión ao debuxar.

Icona

Liña de dimensión

Liña con frechas

Debuxa no documento unha liña recta, rematada en frecha, ao arrastrar co apuntador do rato. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Liña con frechas

Precisamos da súa axuda!