Rectángulos

A opción Personalizar a barra de ferramentas permite engadir a barra de ferramentas Debuxo, que contén a orde Rectángulos

Crear cantos arredondados

Rectángulo

Debuxa un rectángulo cheo no lugar onde arrastre o apuntador. Prema no lugar onde desexe colocar un canto do rectángulo e arrastre ata atinxir o tamaño desexado. Para debuxar un cadrado, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.

Icona

Rectángulo

Cadrado

Debuxa un cadrado cheo no lugar en que se arrastra o apuntador sobre o documento. Prema no lugar en que desexa coocar un dos cantos do cadrado e arrastre ata conseguir o tamaño desexado. Manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Cadrado

Rectángulo arredondado

Debuxa un rectángulo arredondado e cheo ao arrastrar no documento. Prema no lugar onde quere colocar un canto do rectángulo arredondado e arrastre ata conseguir o tamaño desexado. Para debuxar un cadrado arredondado, teña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Rectángulo arredondado

Cadrado arredondado

Debuxa un cadrado arredondado e cheo ao arrastrar o apuntador polo documento. Prema onde quere colocar un canto do cadrado arredondado e arrastre ata conseguir o tamaño desexado. Para debuxar un rectángulo arredondado, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Cadrado arredondado

Rectángulo, sen enchemento

Debuxa un rectángulo baleiro ao arrastrar o apuntador sobre o documento. Prema no lugar en que quere colocar un canto do rectángulo e arrastre ata conseguir o tamaño desexado. Para debuxar un cadrado, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Rectángulo, sen enchemento

Cadrado, sen enchemento

Debuxa un cadrado baleiro ao arrastrar o apuntador no documento. Prema no lugar en que quere colocar un dos cantos do cadrado e arrastre ata obter o tamaño desexado. Para debuxar un rectángulo, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Cadrado, sen enchemento

Rectángulo arredondado, sen enchemento

Debuxa un rectángulo arredondado baleiro ao arrastrar o apuntador do rato no documento. Prema no lugar do documento onde quere colocar un dos cantos do rectángulo arredondado, e arrastre ata conseguir o tamaño desexado. Para debuxar un cadrado arredondado, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Cadrado arredondado, sen enchemento

Cadrado arredondado, sen enchemento

Debuxa un cadrado arredondado baleiro ao arrastrar o apuntador do rato no documento. Prema no lugar en que desexa colocar un dos cantos do cadrado arredondado e arrastre ata obter o tamaño desexado. Para debuxar un rectángulo arredondado, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona

Cadrado arredondado, sen enchemento

Axúdenos, por favor!