Modo

Modifica a forma, a orientación ou a enchedura do(s) obxecto(s) seleccionado(s).

Icona

Efectos (soamente en LibreOffice Draw)

Para abrir a barra de ferramentas Modo de LibreOffice Draw, prema na frecha situada xunto á icona Efectos na barra Debuxo. En LibreOffice Impress, escolla Ver - Barras de ferramentas - Modo.

Rodar

Rota ou inclina os obxectos 2D seleccionados arredor dun pivote. Arrastre unha das agarradoiras do obxecto no sentido en que quere rotalo. Para inclinar un obxecto, arrastre a agarradoira central no sentido en que quere que se incline.

As diapositivas teñen un único punto de rotación. Prema dúas veces para mover o punto de rotación cara ao centro do obxecto. Tamén pode arrastrar o punto de rotación a un novo lugar na pantalla, e despois xirar o obxecto.

Icona Nota

Se selecciona un grupo que conteña un obxecto 3D, só se rotará o obxecto 3D. Non é posíbel inclinar os obxectos 3D, pero pode rotalo arredor dos eixes X e Y, arrastrando as agarradoiras centrais.


Icona

Rodar

Voltear

Voltea o(s) obxecto(s) seleccionado(s) arredor dunha liña de inversión, que pode arrastrar a calquera lugar da diapositiva. Arrastre unha agarradoira do(s) obxecto(s) sobre a liña de inversión para voltealo(s). Para modificar a orientación da liña de inversión, arrastre un dos seus extremos a un novo lugar.

Icona

Voltear

En corpo de rotación 3D

Converte o(s) obxecto(s) 2D seleccionado(s) en obxecto(s) 3D, xirando o(s) obxecto(s) arredor dunha liña de simetría.

Para modificar a forma do obxecto convertido, arrastre a liña de simetría a un novo lugar. Para modificar a orientación da liña de simetría, arrastre un dos puntos dos seus extremos. Prema no obxecto para convertelo a 3D.

Icona

En corpo de rotación 3D

Colocar en círculo (perspectiva)

Distorsiona o obxecto seleccionado envolvéndoo con círculos imaxinarios e engadindo despois perspectiva. Arrastre unha das agarradoiras do obxecto seleccionado para distorsionalo. Se o obxecto seleccionado non é un polígono ou unha curva de Bézier, suxírese que transforme o obxecto nunha curva antes de distorsionalo.

Icona

Colocar en círculo (perspectiva)

Colocar en círculo (inclinar)

Distorsiona o obxecto seleccionado envolvéndoo en círculos imaxinarios. Arrastre unha agarradoira do obxecto seleccionado para distorsionalo. Se o obxecto seleccionado non é un polígono nin unha curva de Bézier, suxírese que cambie o obxecto por unha curva antes de aplicar a distorsión.

Icona

Colocar en círculo (inclinar)

Distorsionar

Permite arrastrar as agarradoiras do obxecto seleccionado para modificar a súa forma. Se o obxecto seleccionado non é un polígono ou curva de Bézier, suxírese que transforme o obxecto en curva antes de distorsionalo.

Icona

Distorsionar

Transparencia

Aplica unha gradación de transparencia ao obxecto seleccionado. A liña de transparencia representa unha escala de grises. A agarradoira negra corresponde ao 0% de transparencia e a agarradoira branca ao 100% de transparencia.

Arrastre a agarradoira branca para modificar a dirección da gradación de transparencia. Arrastre a agarradoira negra para modificar a lonxitude da gradiente. Tamén pode arrastrar e soltar cores nas agarradoiras da barra de cores para modificar os valores de escala de grises.

Icona Nota

Para mostrar a Barra de cores, escolla Ver - Barra de ferramentas - Barra de cores.


Icona

Transparencia

Gradación

Modifica a enchedura de gradación do obxecto seleccionado. Só é posíbel acceder a esta orde se aplicou a gradación ao obxecto seleccionado en Formato - Área. Arrastre as agarradeiras da liña da gradación para modificar a dirección ou a lonxitude da gradación. Tamén pode arrastrar a Barra de cores

Icona Nota

Para mostrar a Barra de cores, escolla Ver - Barra de ferramentas - Barra de cores.


Icona

Gradación

Precisamos da súa axuda!