En polígono

Converte o obxecto seleccionado nun polígono (un obxecto pechado por liñas rectas). O aspecto do obxecto non muda. Se o desexa, pode premer co botón dereito do rato e escoller Editar puntos para mostrar as alteracións.

Para acceder a esta orde...

Escolla Forma - Converter - En polígono (LibreOffice só no Draw)

Abra o menú de contexto dun obxecto seleccionado e escolla Converter - En polígono


Converter imaxes de mapa de bits en imaxes vectoriais

Converter en polígono

Para converter en polígono unha imaxe de mapa de bits, son necesarias as seguintes opcións. A imaxe convertida é simplemente unha colección de polígonos máis pequenos cheos de cor.

Configuración

Define as opcións de conversión para a imaxe.

Número de cores:

Introduza o número de cores que se mostrará na imaxe convertida. LibreOffice xera un polígono para cada ocorrencia dunha cor na imaxe.

Redución de punto

Elimina os polígonos de cor máis pequenos que o valor de píxel introducido.

Encher buracos

Enche os espazos de cor que aparecen ao aplicar a redución de punto.

Tamaño de mosaico

Introduza o tamaño do rectángulo que se usará para encher o fondo.

Imaxe orixinal:

Previsualización da imaxe orixinal.

Imaxe vectorizada:

Previsualización da imaxe convertida. Prema en Previsualización para xerar a imaxe vectorizada.

Progreso

Mostra o punto en que se encontra a conversión.

Previsualización

Previsualiza a imaxe convertida sen aplicar as modificacións.

Axúdenos, por favor!