Inserir ficheiro
Insire un ficheiro na diapositiva activa. Pódense inserir ficheiros de LibreOffice Draw ou Impress, ou texto dun documento HTML ou dun ficheiro de texto. Cunha conexión á internet activa, pódese inserir tamén texto dunha páxina web introducindo o seu URL na caixa Nome do ficheiro.
Tamén ten a opción de inserir soamente diapositivas ou obxectos específicos de ficheiros de LibreOffice Draw ou Impress.